FacebookSíguenos en YouTube

Xornada Enreguéifate para o fomento e aproveitamento educativo da improvisación oral

Imaxe de www.carballo.org

O IES Maximino Romero de Lema estivo presente  no Enreguéifate, que tivo lugar a pasada fin de semana en Carballo. O Director do noso Instituto o músico, mestre e regueifeiro, Manolo Maseda, foi o encargado de presentar proxecto Regueifesta, no que participa alumnado de Baio e de Vila de Cruces. O seu principal obxectivo é espallar a improvisación oral en verso no ámbito escolar, tendo en conta as múltiples potencialidades educativas que ten e valéndose dela como unha ferramenta de transformación social. 

Ao son delas: Sés e Benedicta

O vindeiro luns 19 de febreiro terá lugar a segunda xornada de Ao son delas. Desta volta visítanos Ses e Benedicta. Como na primeira xornada, estaremos no Auditorio de Baio. O faladoiro será ás 16.30h e o concerto ás 17.15h

Alumnado do Labarta Pose e do Maximino Romero de Lema, deséxanvos unha festa de Entroido CHEA DE VIDA!!!

Onte tivemos a visita do alumnado de sexto de primaria coa súa profe de Relixión e o seu profe de Música. O alumnado de Imaxe e Son de Segundo de Bacharelato ofreceuse a gravarlles un tema para o video-clip e ao final animáronse a cantar e todo. Imos seguir traballando conxuntamente para tecer un tránsito entre os dous colexios de Baio. 

Primeira premestura do traballo realizado: 

Admisión para o vindeiro curso 2018-2019

A solicitude de admisión pode presentarse a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción.

A solicitude de admisión será única e terá carácter vinculante. No caso de presentación de máis dunha solicitude para unha mesma persoa perderá os dereitos de prioridade que puidense corresponderlle. O que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. O alumnado que ten reserva de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

O centro ten servizo de transporte escolar.

Adxuntamos calendario e documento de reserva de praza.

Máis de cen persoas acoden á charla sobre o TDAH

.

Éxito da charla do pasado luns no noso IES sobre TDAH. Perto de 100 persoas entre pais/nais, profesorado e alumnado seguiron a exposición sobre ese tema a cargo da psicóloga Ana Fátima Gómez. Grazas a todos pola vosa asistencia.

Saída ao auditorio de Vimianzo

Audiotorio de Vimianzo

O alumnado de 3º ESO, 1º BACHA e 1º BACH B asiste a una obra de teatro en castelán no Auditorio de Vimianzo, organizada polo Departamento de Lingua Castelá. 

Será o vindeiro 2 de Febreiro ás 09.30h coa compaña de profesorado do centro.

Blog da Biblioteca

Para estares informado de todo o que acontece na Biblioteca do noso Instituto e de toda a actividade que se desenvolve ao seu carón, podes acceder ao Blog. 

BLOG DA BIBLIOTECA 

Distribuir contido