FacebookSíguenos en YouTube

Como me podo matricular?

1.A matrícula debe realizarse na aula elixida polo alumno. Non existen prazos, xa que a matrícula está aberta durante todo o ano agás o mes de agosto (as aulas correspondentes aos Centros de Educación de Personas Adultas, así como aquelas ubicadas nas instalacións dos Institutos de Educación Secundaria, permanecen pechadas durante as vacacións escolares). É moi recomendable acudir á aula para coñecer o funcionamento de Aula Mentor así como para ver os contidos do curso antes de facer a matrícula.

2.O prezo do curso é actualmente de 24€ mensuais (poden existir lixeiras variacións nalgunas aulas). A matrícula inicial é, en xeral, de dous meses, agás nos cursos con certificación de 30 horas que é de un mes.

3.A duración do curso é variable segundo a dedicación e experiencia previa do alumno, pero cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ao titor (consulte o documento de dereitos e deberes dos alumnos) . Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso, previa autorización do seu titor, pode presentarse ao exame e obter un certificado de aproveitamento se o supera.

4.Documentación a presentar:

Impreso de matrícula

Xustificante do pago de matrícula

Fotocopia do DNI (só no caso da primeira matrícula na Aula Mentor)

AdxuntoTamaño
Impreso matrícula.pdf87.57 KB