Arrincan as actividades da Aula de Emprendemento do noso centro para este curso, con Ana Gende Gerpe (xefa do departamento de Economía) como coordinadora.
O principal obxectivo da aula de emprendemento é canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado e fomentar o seu espírito emprendedor, pretendendo facilitar a súa inserción no mercado laboral, tamén como traballadores por conta propia.
Actuación financiada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional no marco do Programa de Cooperación Territorial: Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Reparto de 2021) no marco do Mecanismo del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
O pasado mércores 5 de outubro, o alumnado do Ciclo Básico de Informática de Oficina e Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes participou nun obradoiro práctico sobre como Transformar unha idea nun negocio viable. O relator foi Pablo Osorio Diéguez e á vista das imaxes aproveitárono moi ben.