FacebookSíguenos en YouTube

Como funciona a Aula Mentor?

1.Elixe o teu curso: accede ao menú de Cursos da aula Mentor, onde atoparás máis de 170 clasificados por áreas formativas.

2.Contacta coa túa aula: accede á nosa aula de Baio na opción Aula Mentor do IES Maximino Romero de Lema da páxina web e contacta con ela para que poidan resolverche todas as dúbidas que poidas ter.

3.Matricúlate: consulta coa persoa administradora o funcionamiento do curso. A nivel xeral, a información relacionada con este aspecto poderás atopala no menú Matrícula da nosa web.

4.Custe dos cursos: actualmente o prezo do curso é de 24€ mensuais, sendo a matrícula inicial de dous meses (agás nos cursos con certificación de 30 horas, nos que a matrícula inicial é de un mes). Posteriormente, poderás proseguir o curso destinando máis tempo mediante recargas mensuais de 24€.

5.Duración dos cursos: os cursos realízanse a distancia, tendo un tempo de duración flexible dependendo do que lle dedique cada estudante ao mesmo.

6.Exame e validez oficial: despois de superar o exame presencial, obtense un certificado de aproveitamento emitido polo Ministerio de Educación y Formación Profesional. Máis información.

Dereitos e deberes dos alumnos

Os cursos de Aula Mentor están deseñados co obxectivo de contribuír á Aprendizaxe ao longo da vida da poboación adulta en todas as vertentes do desenvolvemento persoal e profesional. Isto significa que o principal obxectivo dos alumnos que se matriculan en Aula Mentor debe ser ampliar e mellorar esas competencias.

A metodoloxía e as normas de funcionamento que rexen o proceso están recollidas no documento Derechos y deberes de los alumnos, que pode descargarse desde aquí.

E para calquera dúbida, contacta coa Aula Mentor do IES Maximino Romero de Lema.