Xúntase un documento que recolle o horario de titorías.
Referencias actualizadas sobre as probas de ABAU (antigas PAU):
Portal Educativo da Xunta de Galicia
Páxina da CIUG onde se van incorporandoando toda a información sobre matrícula, calendario, convocatorias, estrutura das probas, cualificacións...
Dende o IES, queremos felicitar á nosa alumna Mencía Reborido Fuentes, de 4º da ESO, que vén de acadar unha das becas da Fundación "Amancio Ortega", a cal lle permitirá cursar o vindeiro ano o 1º de Bacharelato en Canadá.
A nosa noraboa por ese logro.
Tedes aquí a noticia do Xornal.
¡ACTUALIZACION!
Admisión de alumnos nos Centros Públicos de Galicia:
Foi publicada a Orde no DOG do 1 de febreiro de 2017. A novidade deste ano é que tamén se pode facer de xeito telemático: https://www.edu.xunta.es/
O prazo comprende do 1 ao 15 de febreiro.
Adxuntamos os seguintes arquivos en referencia á admisión:
Curso | Data | Hora |
1º e 2º de ESO | 15 de Setembro | 12:00 |
3º e 4º de ESO, FP Básica | 15 de Setembro | 12:30 |
1º Bacharelato | 16 de Setembro | 10:25 |
2º Bacharelato | 16 de Setembro | 12:25 |
Ciclo Medio Informática | 16 de Setembro | 11:00 |
O martes 15 de setembro o transporte escolar funcionará co seguinte horario:
12:00: Chegada ao instituto
13:00: Saída
O mércores 16 o horario será o habitual.
Este ano celebramos o 20 aniversario da creación do IES Maximino Romero de Lema. Actividades Culturais a feixes e momentos de encontros inesquecíbeis.
Así pois, queremos facer un acto de confraternización o vindeiro sábado 20 de xuño na Carballeira do Instituto. Un xantar para xuntarnos e gozar da amizade.
Un día para celebrar, coas portas abertas, que somos unha Comunidade Educativa que durante estes 20 anos tentou formar persoas críticas e construtivas.