FacebookSíguenos en YouTube

Curso 2014-15

Calendario de acceso a Ciclos Formativos

Calendario Matrícula Ordinaria Ciclos Formativos FP
Presentación de Solicitudes Do 17 de xuño ao 2 de xullo.
Listaxe provisional de Solicitudes 8 de xullo.
Reclamación á Listaxe Provisional Do 8 de xullo ao 10 de xullo.
Listaxe definitiva de Solicitudes 17 de xullo.
1ª Adxudicación 17 de xullo.
Matrícula 1ª Adxudicación Do 17 de xullo ao 23 de xullo.
2ª Adxudicación 28 de xullo.
Matrícula 2ª Adxudicación Do 28 de xullo ao 30 de xullo.

Máis información:
Información sobre o acceso
Portal da FP
Consellería de Educación

Celebracións XX Aniversario

Foto XX AniversarioO instituto de Baio conclúe as celebracións do seu XX aniversario.

Ver entrada na Voz de Galicia.

Entrada co anuncio da celebración.

Información sobre libros de texto para o curso 2015/16

Publicada a Orde do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria

Enlace á orde do 21 de Maio

Publicada a Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial.

Enlace á orde do 22 de Maio

Concurso para a contratación do servizo de cafetería do centro

A instrución 4/2015 do 1 de xuño de 2015 regula a contratacción do servizo de xestíon da cafetería dos centros docentes non universitarios dependentes da consellería de educación.

Por tanto, se alguén está interesado en facerse cargo deste servizo de cafetería pode ver as bases na seguinte ligazón: instrucións para contratación da cafetería.

Queremos destacar que tal como aparece nas indicacións xerais, o prazo de duración non pode ser superior a un ano nin pode ser obxecto de prórroga, polo que a citada contratación realizarase polo curso 2015/16.

Xantar 20 en Baio

Cartel Xantar 20 en Baio

Este ano celebramos o 20 aniversario da creación do IES Maximino Romero de Lema. Actividades Culturais a feixes e momentos de encontros inesquecíbeis.
Así pois, queremos facer un acto de confraternización o vindeiro sábado 20 de xuño na Carballeira do Instituto. Un xantar para xuntarnos e gozar da amizade.
Un día para celebrar, coas portas abertas, que somos unha Comunidade Educativa que durante estes 20 anos tentou formar persoas críticas e construtivas.

NOTA DE PRENSA

Notas AO Access

Cartafol


NOTAS TRABALLO ACCESS

APLICACIÓNS OFIMÁTICAS


Achégase listaxe de Notas do Traballo de Aplicacións Ofimáticas sobre o SXBD MS Access 2013 obtidas polo alumnado que entregou o traballo en tempo e forma.

Notas MME xuño 2015

Cartafol


NOTAS EXAMES XUÑO

MONTAXE E MANTEMENTO DE EQUIPAMENTOS


Achégase listaxe de Notas do módulo de Montaxe e Mantemento de Equipamentos obtidas polo alumnado nos Exames Finais de Xuño

Distribuir contido