FacebookSíguenos en YouTube

Curso 2014-15

eTwinning 2014-2015: V Concurso Europeo de Marcapáxinas

eTwinning


V Concurso Europeo de Marcapáxinas

O xurado do V Concurso Europeo de Marcapáxinas acordou conceder un Accésit á alumna de 1º Ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes, Noemi Caramés Castro, polo seu marcapáxinas elaborado dentro do proxecto eTwinning Letras Galegas 2015 - Homenaxe a Rosalía de Castro.

Ao concurso presentáronse case 300 marcapáxinas a través do proxecto eTwinning Letras Galegas 2015 – Rosalía de Castro, que ten outras actividades como gravación de vídeos, curso de galego, cronoloxía e tradución de obras de Rosalía e de outros autores como o portugués Fernando Pessoa e o xenovés Edoardo Firpo.

Noraboa Noemi!!

X Semana Cultural

Logo semana culturalEste ano a Semana Cultural do IES Maximino Romero de Lema está de aniversario.
E xa van dez anos de andaina, cheas de propostas creativas e interesantes para aprender brincando.
Música, Cine, Teatro, Debuxo, Poesía, Natureza, Historia, Arqueoloxía... e un sinfín de experiencias por compartir. Seguimos pois apostando por facer do Centro Educativo un Contedor Cultural aberto á sociedade que nos rodea.
Sumar, en definitiva, puntos de encontro para medrar con Identidade!!!

Máis información (Tríptico)

Novas na prensa

Logo de prensaEstes días saíron publicadas algunhas novas relacionadas co centro na prensa. Poñemos aquí os enlaces ás mesmas:

Os alumnos de Baio volven ao Bravú
Os alumnos de Baio pasan do Bravú ao liño

Distribuir contido