FacebookSíguenos en YouTube

blogue deadmin

Normas de organización e funcionamento

Achegamos o documento que recolle as normas de organización e funcionamento do noso Centro (NOF), actualizado coas últimas achegas realizadas polo Consello Escolar en xuño de 2019. 

DESCARGA O DOCUMENTO

Libros de texto. Curso 2019/2020

Listaxe cos libros de texto para o vindeiro curso. 

Bacharelato e Ciclo Medio

FP Básica

Pechamos curso e Ao son do rural

Mañán na Biblioteca do instituto, ás 13.00h, mostraremos o traballo colaborativo realizado estes seis meses cos proxectos de Ao Son do Rural, Ao Son da Saúde e Ao Son Delas. Un acto aberto a toda a Comunidade Educativa e que terá como eixe central a Entrega dos primeiros Recoñecementos Ao Son do Rural 2019. Inauguramos tamén a exposición de fotografía histórica realizada polo alumnado de segundo Bach. Ao rematar teremos uns petiscos na cafetería do Centro. Animádevos a vir e partillade con nós o orgullo de pertencer a unha comunidade de aprendizaxe aberta ao mundo e cos pés na terra. Vinde ver a marabilla de murais que están a crear!!!

Exames de setembro

Achegamos documento co calendario de exames de setembro

Ver calendario

Fin de curso xuño 2019 e matrícula. Datas relevantes

ÚLTIMO DÍA LECTIVO: VENRES 21 DE XUÑO

ENTREGA DE NOTAS: MARTES 25 DE XUÑO ÁS 10:30 h. O día da entrega de notas, informarase, a través das titorías, sobre o calendario de setembro ao alumnado afectado. Tamén se publicará na páxina web do Centro

REVISIÓN DE EXAMES E RECLAMACIÓNS: 25 de xuño de 10:30 h-13:30 h 26 de xuño de 10:00 h-13:00 h

A matrícula do alumnado farase conforme ao seguinte calendario e no horario de 09:45 h-13:45 h:

1ºESO 27 e 28 de xuño
2ºESO 1 e 2 de xullo
3ºESO 3 de xullo
4ºESO 4 de xullo
1ºBAC 5 e 8 de xullo
2ºBAC 9 e 10 de xullo
CICLO 1º Proceso admisión (25 xuño - 2 de xullo)
CICLO 2º 1-10 de xullo
FP BÁSICA 1º 3-10 de setembro
FP BÁSICA 2º 1-10 de xullo

Documentación necesaria:

Documentación necesaria:

1. Alumnos/as do Centro

  • Folla de matrícula
  • Fotocopia DNI
  • Solicitude autorización transporte escolar (para BAC , Ciclo e FP Básica)
  • 2 fotos (co nome na parte de atrás)
  • Seguro Escolar (pagar en ABANCA para 3º, 4º ESO, 1º, 2º BAC, Ciclo e FP Básica)
  • Impresos de cesión de imaxe, autorizacións saída centro e baixadas bus escolar.

2. Alumnos/as procedentes doutros centros.

  • Certificación académica oficial do último curso realizado
  • Folla de matrícula e 2 fotos (co nome na parte de atrás).
  • Seguro Escolar (pagar en ABANCA para 3º, 4º ESO, 1º, 2º BAC, Ciclo e FP Básica)
  • Fotocopia DNI dos pais e do alumno , Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
  • Solicitude autorización transporte escolar (para BAC , Ciclo e FP Básica)
  • Impresos de cesión de imaxe, autorizacións saída centro e baixadas bus escolar.

O centro permanecerá pechado os días 16 e 26 de xullo (festa local)

Galardoados co 3º Premio no Concurso Miniempresas Lanzadeiras Coruña

O  equipo da miniempresa Pi Solucións composto por Borja, Fran, Made, Manuel, Gonzalo e Abel de 2º de FPB conseguiu o 3º premio na final do concurso de miniempresas Lanzadeiras A Coruña que se levou a cabo durante o presente curso académico.

Na final presentaron os seus produtos que estiveron a desenvolver durante todo ano, os que tiñan en común facilitarlle o día a día as PEMES do rural galego.

Todos os produtos tiñan en común o uso do microordenador Raspberry PI:

    • Pi PC: Ordenador de baixo custo con todo o necesario para que calquera PEME poida realizar a súa actividade económica diaria.

    • Pi NAS: Servidor de ficheiros en rede de baixo custo.

    • Pi Camara: Para poder vixiar o que ocorre no teu negocio por streaming independentemente do lugar onde se encontre. Ademais incorpora unha placa solar para conseguir unha autonomía máis elevada.      

Dende aquí queremos dar os parabéns a todo equipo, e principalmente ós alumnos de 2º de Formación Profesional Básica pola súa dedicación e interese mostrada no proxecto.

Noticia da Opinion da Coruña

Galería de fotos na prensa

Distribuir contido