FacebookSíguenos en YouTube

Ao son delas. Carmen Riveiro e A Banda da Loba.

Cartaz, ao son delas

O vindeiro luns, día 12 de marzo, pola tarde, continuaremos no noso Centro Educativo o ciclo de encontros con mulleres relevantes da zona e da cultura galega. Estes faladoiros forman parte do “Proxecto Feminino Plural” que estamos a construír entre todas e todos neste curso e rematarán cun pequeno concerto das artistas convidadas aberto a toda a Comunidade Educativa. Para esta terceira ocasión contaremos con Carmen Riveiro (unha emprendedora do rural con maiúsculas e presidenta da Asociación Amigos do Liño) e A Banda da Loba (cinco talentos femininos que veñen para mu dar o panorama artístico galego). A actividade está aberta para todo o alumnado da ESO, 1º Bach. e FPB.

Coma na outra ocasión, o alumnado de Transporte xa será levado directamente ao Auditorio de Baio e recollido alí tamén á hora de marchar. Os que van pola súa conta dirixiranse tamén ao Auditorio sen necesidade de pasar polo Centro.

Información esencial sobre a folga do 8 de marzo

Actividades no IES en torno ao 8 de marzo. Foto de Ana García.

Achegamos toda a información sobre a folga do 8 de marzo en relación ao noso Centro. Consulta o ficheiro adxunto ao final desta publicación, para información detallada. 

O alumnado fala no 8 de marzo:

Na prensa:

Quepasanacosta.gal

Lavozdegalicia.es

Novo taller de informática no IES

O alumnado de FP Básica de Informática de Oficina e do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES Maximino Romero de Lema, conta dende este curso, cunha nova instalación que amplía as súas posibilidades de formación. O taller de Informática, sistuado no segundo andar do Centro, está totalmente equipado con material de traballo adaptado ás necesidades do mercado laboral actual, nun espazo amplo e accesible que permite realizar prácticas aos distintos grupos das titulacións de informática.

Pulsa sobre a imaxe para acceder ao Álbume.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Novo taller de informática

Visitamos a Semana do Leite en Santa Comba!

O pasado 2 de marzo, o alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural, achegouse á Semana do Leite en Santa Comba, para falar do noso Centro Educativo como Contedor Cultural, e dar visibilidade ó valor do rural. Compartimos tamén boas experiencias co alumnado de Negreira, Coristanco e Santa Comba.

CONSULTA PRESENTACIÓN SOBRE A CHARLA

PICA ARRIBA DA IMAXE PARA VISUALIZAR O ÁLBUME DO EVENTO

Álbum: Curso 2017/2018 -> Visita Semana do Leite

Novo recurso didáctico polo alumnado de segundo de Ciclo Medio de Informática

O alumnado de segundo de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES Maximino Romero de Lema, vén de crear un video tutorial que será utilizado como recurso didáctico, para compartir cos seus compañeiros e compañeiras de primeiro de Ciclo e FP Básica de Informática de Oficina, á hora de montar un panel de conexións. Ben seguro que a comunidade educativa doutros centros fará uso deste recurso, polo bo resultado e calidade do mesmo. 

Brincado coa poesía de Rosalía!

Hoxe o alumnado de Baio Brincando coa poesía de Rosalía e tecendo lazos teatrais con novelos de emocións. Seguimos aprendendo significativamente con experiencias educativas diversas. Agradecemos ao Concello de Zas que nos facilite este tipo de actividades. 

VER MÁIS IMAXES DO EVENTO

Distribuir contido