FacebookSíguenos en YouTube

O home que matou a Antía Morgade abre o Club de Lectura de Adultos no IES Maximino Romero de Lema

Hoxe, luns, 2 de outubro, inauguramos por segundo ano consecutivo o Club de Lectura de Adultos conformado por nais /pais e profesado, e aberto a quen se queira unir a esta festa do libro.

A primeira proposta é O home que matou a Antía Morgade de Arantza Portabales, que nos visitará para falar desta obra o luns 23 de outubro.

Reunirémonos unha vez ao mes, os luns de 15.30h a 16.15h; durante corenta e cinco minutos deixamos de lado as preocupacións cotiás e saudamos a chegada da imaxinación, da conversa e das reflexións arredor do libro elixido.

Clásicos, novela gráfica, ensaio, así como outro tipo de xéneros terán cabida neste Club de Lectura, un espazo onde podemos intercambiar opinións e experiencias sobre as lecturas, dende un enfoque participativo, aberto e dinámico.

EMPRENDEMENTO NO RURAL

No día de onte estivemos con Inés e Julio na Aula de Emprendemento. Estes laxenses presentaron o seu proxecto: iSLOW. Nunha de construción da contorna, reinventáronse, cunha innovación no sector do confort e da tranquilade, o coliving.

Dende Inglaterra, onde vivían, decidiron regresar ás súas orixes en Laxe. Mentres amañaban unha casa familiar, abandonada, traballaban arreo nos conceptos innovadores do descanso, da individualidade, do traballo en remoto, da familia con fillos, da educación infantil na casa…traendo a innovación ao rural do coliving. A pandemia recuncou o  servizo dos espazos libres, o traballar dende calquera lugar onde teñamos conexión á rede, o fuxir das cidades e das presas, as novas tribos: o movemento slow

A páxina web, os presupostos, a conta de resultados…. medir, medir, medir…….mil problemas a solventar, todos os días, que con  ilusión e moita enerxía rematan en éxito. 

Grazas Inés e Julio. Voltade pronto. Que gran proxecto!!!!!

TALLERES MICÓFILOS ABREN AS ACTIVIDADES DO CLUB DE CIENCIA

O Club de Ciencia comezou a súa andaina durante a mañá de hoxe con Talleres micófilos impartidos por Miriam da Asociación Medioambiental AMABUL ao alumnado de 1º, 2º e 3º ESO.

 

A profesora foi explicando, seguindo os paneis da exposición Wood Wide Web, a rede que dá vida ao planeta, aspectos diversos arredor dos fungos: os distintos tipos, a reprodución, o recoñecemento pola forma, cor ou olor; a súa importancia para ter un terreo fértil, xa que solucionan pragas e suxeitan o solo evitando a erosión; a gran axuda que supoñen para mitigar o cambio climático, mellorar a diversidade e axudan a formar choivas...

 

Fixo fincapé en cando, como e cantos se deben recoller: hai que ir ao monte con sentidiño e non arrasar con todos porque non se volverían reproducir.

 

Remataron a actividade cun xogo de memoria con imaxes de cogomelos; con algúns alumnos de 1º ESO continuou a práctica durante o recreo recollendo mostras na nosa carballeira. Miriam entregoulle a cada grupo participante a unidade didáctica-ambiental Os cogomelos como recurso ambiental e pedagóxico a cada grupo. Unidade na que  podemos seguir realizando un achegamento didáctico-activo ao mundo dos cogomelos. 

 

Grazas a Miriam por esta actividade tan amena, didáctica e fundamental para o coñecemento e sensibilización sobre a importancia ecolóxica e ecosistémica dos fungos nos nosos bosques. 

Presentación 1º Ciclo Superior Desenvolvemento de Aplicacións Web en Modalidade Semipresencial a distancia

Comezo do curso o luns, 11 de setembro de 2023.

Presentación será o luns, 11 de setembro ás 8:45 de forma presencial ou en liña (a elexir polo alumnado):

A partir do luns, os contidos tratados na sesión de presentación estarán a disposición do alumnado no espazo de titoria na aplicación de formación a distancia (https://fpadistancia.edu.xunta.gal/loginA/index.php).

COMEZO DO CURSO 2023-2024

O vindeiro luns 11 de setembro comezarán as clases para todos os niveis no horario lectivo habitual:

- De 08:45 a 14:25 horas de luns a venres para todo o alumnado do Centro.

- De 16:30 a 18:10 horas o luns pola tarde para o alumnado de ESO, Bacharelato e FP Básica.

- De 15:40 a 18:10 horas o luns e o mércores pola tarde para o alumnado de Ciclo Medio e Ciclo Superior .

O servizo de transporte escolar funcionará co horario habitual.

ATENCIÓN AO PÚBLICO DURANTE O MES DE AGOSTO

O IES Maximino Romero de Lema permanecerá pechado entre os días 1 e 30 de agosto. Para realizar calquera trámite e/ou consulta poden contactar con nós a través do correo electrónico do Centro: ies.maximino.romero.delema@edu.xunta.es ou chamando ao teléfono: 881960015.

Moitas grazas.

AVISO AO PROFESORADO DO CADP CON DESTINO NO IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA

Prégase ao profesorado que obteña destino na resolución definitiva do CADP se poña en contacto co Centro a través do correo electrónico ou chamando ao 881960015.

Moitas grazas.

HORARIO DO MES DE XULLO

HORARIO DE APERTURA DO CENTRO: dende as 9:00 e ata as 14:00 horas

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: dende as 9:00 e ata as 13:00 horas.

OS DÍAS 10 E 26 DE XULLO O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO POR FESTIVIDADE LOCAL.

Distribuir contido