Skip to Content

Programa ARCO. CP Recupéra-T

ARCO (Apoio, Reforzo das competencias e Orientación) é unha das iniciativas dos Contratos Programa Recupéra-T que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade puxo en marcha neste curso 2021-2022 dentro do Plan Recuperapara reducir o impacto que a covid-19 tivo sobre o alumnado e as súas repercusións futuras, e proporcionar a atención educativa necesaria para a compensación de desigualdades xurdidas por esta situación. Este plan constitúese como o marco para a mellora dos resultados escolares do alumnado, especialmente o máis vulnerable, e reflicte a estratexia de fomento da calidade, a equidade, a inclusión e o éxito na educación e formación.

No noso centro, concedeuse este programa ARCO do seguinte xeito: un especialista de ámbito lingüístico reforzará  as materias relacionadas dentro da aula nos niveis de 1º, 2º e 3º ESO, e 1º de FPB.

Para saber máis acerca do programa ARCO, accede aos sitios web de ARCO ou do Plan Recupera.



page | by Dr. Radut