Educación física
No Courel
Enviado por toño o Sáb, 02/04/2022 - 08:47Despois de dous anos de parón voltamos ó Courel. Os pasados 30, 31 de marzo e 1 de abril, o alumnado de 4º achegouse alá para practicar espeleoloxía e algo de montaña nesta fermosa serra. Mirádeos xusto antes de entrar na cova de Cortiñas
E mirádeos agora xusto ó saír un par de horas despois. Xa non están tan limpiños, verdade?
Ademais de coñecer o Courel baixo terra, tamén chegaron ó mais alto, ó cume do pico Formigueiros, que cos seus 1639m é o teito do Courel. Reparade ben na foto. Non é que sexan formaliños, o que pasa é que están conxelados. Facía un frío!!!
E aí van descendendo cara a mítica Devesa da Rogueira.
RCP no Illa de Ons
Enviado por toño o Lun, 21/03/2022 - 17:24O noso alumnado de 3º e 4º non para!! Agora están empeñados en salvar vidas. Mira ti que cousa!! E para iso nada mellor que practicar, practicar e practicar sen descanso. Aquí tedes a algúns de 4º en plena faena
E tamén estes de 3º
En 2022 tamén escalamos!!
Enviado por toño o Lun, 21/03/2022 - 17:05Por suposto que escalamos!! Un ano máis o alumnado de 4º subiu polas paredes. E como subían!! Mirade senón esta imaxe con Víctor no máis alto do noso rocódromo, e sen mans
Tamén ó máis alto chegou Laura, sen medo, e demostrando o nivelassso das rapazas do Illa de Ons. Mirade, mirade
E aquí tedes ó dúo que máis enganchou coa escalada: Pablo e Víctor. Estes non perderon oportunidade. Menudo par de Ghabeators!!
E todo con moita seguridade, como nos demostra Víctor. Que profesional!!
Esquiando en Leitariegos!!
Enviado por toño o Dom, 13/03/2022 - 18:03Despois de dous anos de parón a causa da pandemia, a nosa rapazada volveu desfrutar da neve na estación invernal de Leitariegos. Desta volta participaron 56 alumn@s (1/3 do noso centro!!), bastantes máis que ningún outro ano. Aquí van algunhas fotos:
Semana Branca 2022
Enviado por toño o Xov, 10/02/2022 - 16:58A tres semanas da viaxe a Leitariegos a principal preocupación é que teñamos neve. A día de hoxe a estación está funcionando e anque só hai neve nas pistas principais, impártense cursos con certa normalidade. Aquí vai unha foto do martes 8 (hai 2 días)
E na previsión metereolóxica parece que poida haber nevadas entre o domingo 13 e o luns 14.
Como vedes hai posibilidade de nevada neses días a partir de 1000-1100m de altitude, e a estación está entre os 1500m e os 1800m.
A ver se temos sorte. Ánimo rapaces!!
Andaina ó Liboreiro
Enviado por toño o Lun, 27/12/2021 - 18:12Aproveitando que os dous últimos días de clase antes do nadal a chuva deunos un respiro, visitamos o monte Liboreiro. Cos seus 334 m de altura, restos dun poboado castrexo e unhas fermosas vistas, este cumio fai de límite natural e municipal co veciño concello de Cangas. E claro, sendo así, o alumnado do IES ILLA DE ONS tiña que ir ata alá para comprobar que... bueno, pois que todo estaba no seu sitio e que ninguén movera os marcos. Aquí tedes unha foto do alumnado de 3º o luns 20 de decembro de 2021
E aquí tedes ós de 4º o martes 21 de decembro de 2021
Algúns pasárono ben. Outros dixeron aquilo de "Nunca Máis" e prometeron non erguerse da cama ata Noiteboa!! Veredes como na seguinte saída volven picar e saen nas fotos outravolta...
Camiñando por Campo Lameiro
Enviado por toño o Xov, 28/10/2021 - 08:19O pasado 7 de outubro o alumnado de 1º volveu saír ó monte (as cabras xa se sabe...). Nesta ocasión aproveitamos a visita ó Parque arqueolóxico de Campo Lameiro para, despois de xantar, camiñar polo roteiro PR-G 230 ata a área recreativa de Ponte Lodeiro, onde as augas do río Maneses se xuntan coas do Lérez.
Por fin recreos de verdade!!
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/10/2021 - 14:16Volven os balóns ós recreos do Illa de Ons!! E con moi boa acollida polo que parece. Aquí tedes ó alumnado de 3º e 4º no voleibol
Camiñando por Ermelo e Paralaia
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/10/2021 - 14:08Comeza o curso 2021-22 e as restriccións Covid afrouxan. Por suposto non iamos desaproveitar a ocasión de comezar ben cos novos inquilinos do Illa de Ons, o alumnado de 1º. Deste xeito, o pasado xoves 23 de setembro, unha semana despois do comezo das clases, botámonos ó monte!! Aquí estamos polos camiños de Ermelo
Eso si, para comer o bocata buscamos un bo sitio, con vistas. E chegamos ó Paralaia
IRIA RODRÍGUEZ IGLESIAS, MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FREESTYLE


