ANPA

Número gañador do sorteo a prol das excursións do alumnado durante este curso 2023/2024

Enviado por admin o Xov, 21/12/2023 - 09:49

Publicamos o resultado do sorteo realizado o xoves día 21 de decembro de 2023 do número gañador das rifas para a financiación das excursións do alumnado deste curso.

O premio consiste nunha cea para dúas persoas no restaurante Nordés e dúas masaxes no centro Mundo Mandrágora.

O número ganador é: 

  69019

 Xa contactamos coa persoa agraciada, dado que os seus datos constaban no resgardo do boleto gañador.

 

 

( categories: )

ANPA A Moraima - Información xeral

Enviado por admin o Ven, 21/10/2022 - 07:45

ANPA A Moraima do IES Illa de Ons

A Pedra, 51
36930, Bueu
Núm. Rex.: 1998-4777-1
NIF: G36327484

Tlfno.: 613 704 679

anpaamoraima@gmail.com

Xunta Directiva:

Presidenta         Josefa Brión Bello

Vicepresidenta  Raquel García Comedeiro

Secretario          Juan José Rodríguez Pastoriza

Tesoureira         Rocío Méndez Millán

 

A COTA de insincrición (por unidade familiar) é de 15 € por curso.

A conta bancaria da ANPA é: ES34 2100 4730 0102 0018 6950.(Caixa Bank)

IMPORTANTE:

DÉBESE FACER POR CAIXEIRO AUTOMÁTICO OU TRANSFERENCIA

No CONCEPTO debe constar:

NOME e APELIDOS do alumno/a  + curso

O período de pagamento é de XUÑO – OUTUBRO

( categories: )

Convocatoria de asemblea ANPA A Moraima 2022-03-28

Enviado por Secretaría o Xov, 24/03/2022 - 10:18

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA

XERAL EXTRAORDINARIA

Calquera pai/nai/titor legal dun alumno/a do centro, poderá realizar peticións nas  asembleas, expoñer calquera queixa, suxestión, etc. En calquera caso, os non asociados  asistirán a asemblea con voz pero sen voto.

 

Data:  Luns, 28 de marzo de 2022.

Hora: 18 h en primeira e única convocatoria.

Lugar: Salón de actos do IES Illa de Ons.

ORDE DO DÍA:

1) Lectura da acta anterior.

2) MOI IMPORTANTE: Propostas de candidaturas para novos membros da directiva.  E moi importante que se presenten novos membros, xa que pola contra, en xuño disolverase a ANPA porque a directiva actual, xa non estará no centro o vindeiro curso.

3) No caso de non presentarse ninguén para a directiva, procuraranse opcións para investir os cartos que se teñen de fondo.

5) Quenda de intervencións.

Animámosvos a participar e agradecemos de antemán a vosa colaboración para difundir esta convocatoria entre os vosos coñecidos

 

Bueu, 22 de Marzo de 2022.

A Xunta Directiva

( categories: )

Convocatoria de asemblea ANPA A Moraima 2021-11-15

Enviado por Secretaría o Mar, 09/11/2021 - 09:51

 

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Calquera pai/nai/titor legal dun alumno/a do centro, poderá realizar peticións nas  asembleas, expoñer calquera queixa, suxestión, etc. En calquera caso, os non asociados  asistirán a asemblea con voz pero sen voto.

          Data:  Luns, 15 de Novembro de 2021.

Hora: 17 h en primeira e única convocatoria.

Lugar: Salón de actos do IES Illa de Ons.

ORDE DO DÍA:

1) Lectura da acta anterior.

2) Propostas de actividades para o curso 2021-22..

3) Número de socios actual e estado da conta.

4) MOI IMPORTANTE. Propostas de candidaturas para novos membros da directiva.  E moi importante que se presenten novos membros, xa que pola contra, en xuño disolverase a ANPA porque a directiva actual xa non estará no centro o vindeiro curso

5) Quenda de intervencións.

Animámosvos a participar e agradecemos de antemán a vosa colaboración para difundir esta convocatoria entre os vosos coñecidos

Bueu, 09 de Novembro de 2021

A Xunta Directiva

 

( categories: )

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA A Moraima do 22 de xaneiro de 2021

Enviado por Secretaría o Mér, 24/02/2021 - 09:01
( categories: )

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Enviado por Secretaría o Ven, 15/01/2021 - 06:15

ANPA A MORAIMA

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Calquera pai/nai/titor legal dun alumno/a do centro, poderá realizar peticións nas asembleas, expoñer calquera queixa, suxestión, etc. En calquera caso, os non asociados asistirán a asemblea con voz pero sen voto.


Data: Venres 22 de xaneiro de 2021.
Hora: 18:00 h en primeira e única convocatoria.
Lugar: Vídeo conferencia mediante a aplicación Google Meet.

As persoas interesadas deberán enviar unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono da ANPA (655 76 04 69)

ORDE DO DÍA:


1) Presentación das novas incorporacións á Xunta Directiva
2) Distribución de funcións da nova Xunta Directiva
3) Quenda de intervencións.

Animámosvos a participar e agradecemos de antemán a vosa colaboración para difundir esta convocatoria entre os vosos coñecidos.

( categories: )

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA A Moraima do 26 de outubro de 2020

Enviado por Secretaría o Mar, 27/10/2020 - 05:23
( categories: )

Asemblea xeral ordinaria da ANPA A Moraima do 22 de outubro de 2019

Enviado por Secretaría o Lun, 25/11/2019 - 12:45
( categories: )

Asemblea ANPA IES Illa Ons do 17 xuño de 2019

Enviado por Secretaría o Xov, 27/06/2019 - 05:24
( categories: )

Enquisa ideas do alumnado - Campaña 2019

Enviado por Secretaría o Lun, 20/05/2019 - 05:11
( categories: )
Distribuir contido