Secretaría

Presentación Curso escolar 2019/2020

Presentación Curso escolar 2019/2020

De acordo coa ORDE do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020, o vindeiro luns día 16 de setembro dará comenzo o novo curso.

Vai ser unha xornada de presentación en horario de 12:00 ás 13:00 h.

Haberá servizo de transporte escolar de entrada e saída do centro.

O seguinte día, martes 17 de setembro, o horario será o habitual do centro: de 08:50 a 14:25 h.

Prégase que os usuarios do transporte estean con suficiente antelación nas paradas correspondentes.

 

Libros de texto e material didáctico curso 2019/2020

Publícase a relación de libros de texto e material didáctico que se utilizarán durante o vindeiro curso 2019/2020.

Acceda ao ficheiro anexo para coñecer o detalle por niveis e materias de cada recurso:

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

Curso 2019/2020

 IMPORTANTE:

No caso de separación ou divorcio, as solicitudes terán que asinalas os dou proxenitores, agás no caso no que a patria potestade estea atribuía exclusivamente a un deles. 

XUNTAR COA SOLICITUDE A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:

 

·        Copia do DNI do alumno ou alumna

·        Copia do libro de familia

·        Certificación de matrícula do centro de orixe

·        No caso de separación ou divorcio, resolución xudicial correspondente

Prazo de presentación da solicitude: do 01 ao 20 de marzo de 2019

Enlace coa páxina oficial: Admisión alumnado

Pódense descargar os arquivos adxuntos a continuación:

Información provisional de prazas vacantes:

 

Curso

Prazas
ofertadas

Permanencias
reservas

Vacantes

1º ESO

60

39

21

2º ESO

60

33

27

3º ESO

60

35

25

4º ESO

60

27

33

 

 

 

ED330B - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario
de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material
escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación
secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con
fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

DOG núm. 95 do 21 de maio de 2018.

ED330B - Sede Electrónica

Prazo de presentación:

22/05/2018 - 22/06/2018

Contrato do servizo de xestión e explotación da cafetería 2016/2017

15/07/2016 00:01
29/07/2016 23:59
Etc/GMT+1

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dános as instrucións para realizar un novo contrato de do servizo de xestión e explotación da cafetería para o vindeiro curso 2016/2017.

Xuntamos a folla de especificacións técnicas e as condicións do contrato que constitúen o conxunto de instrucións, normas e especificacións para a execución do servizo para a explotación e xestión da cafetería do noso centro.

Os interesados poderán participar neste concurso atendendo ás seguintes bases:

 

1.  Poderá concursar calquera persoa física ou xurídica que cumpra coa condición xeral 1.2 do contrato.

2.  A folla de especificacións técnicas e as condicións do contrato estarán á disposición dos interesados na secretaría do centro e no portal educativo do instituto: http://www.edu.xunta.es/centros/iesillaons/

3.  As ofertas poderán presentarse polos seguintes medios:

 

Directamente na oficina de administración do centro nun sobre pechado.

Por correo postal (Rúa a Pedra, 51. 36930 Bueu – Pontevedra)

Por correo electrónico (ies.illa.ons@edu.xunta.es)

O prazo de presentación de ofertas rematará o 29 de xullo de 2016.

Calquera dúbida relacionada co concurso poderán consultala na oficina de administración do centro (Tfno. 886 159 510).

 

Distribuir contido