Artes plásticas

FITOFALADOIRO

Enviado por admin o Xov, 16/06/2022 - 20:09

 

Durante este curso 2021-2022 o noso centro participou no proxecto Fitofaladoiro Ons, incluído dentro do Plan Proxecta, cuxo obxectivo principal consistiu en facer unha labor de investigación sobre o tipo de vexetación da nosa contorna máis próxima. O ámbito familiar e veciñal foi unha das principais fontes de información acerca dos nomes e diferentes usos das plantas, que os propios rapaces e rapazas rexistraron nun herbario. A concienciación da importancia de preservar o noso patrimonio e do proveito da memoria colectiva así como o fomento do uso do galego, foron outros dos obxectivos que promoveron as actividades incluídas no proxecto.

     Na web do FITOFALADOIRO ONS recóllense os resultados deste traballo no que, ademais da Biblioteca, participaron os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Lingua e Literatura Galega, Educación Física e Debuxo.

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN PLÁSTICA e VISUAL

Enviado por admin o Mar, 12/05/2020 - 05:05

PREMA NOS ADXUNTOS PARA ACCEDER.

( categories: )

Concurso de relatos e certame fotográfico

Enviado por olalla o Mar, 08/05/2018 - 15:59

     A Biblioteca, en colaboración coa ANPA e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, está a promover dous concursos dirixidos ao alumnado do IES Illa de Ons:

  • Un concurso de relatos para conmemorar o Día das Letras Galegas e homenaxear a Mª Victoria Moreno.
  • Un certame fotográfico co fin de seleccionar unha serie de imaxes que ilustrarán un calendario para o vindeiro curso.

     Aquí tedes os carteis promocionais coas bases dos dous concursos.

Magosto .

Enviado por admin o Sáb, 04/11/2017 - 16:17
06/11/2017 16:00
06/11/2017 17:40
Etc/GMT+1

O luns 6 de novembro faremos o magosto pola tarde. Haberá tamén xogos populares e aproveitaremos para celebrar o Samaín con diversas actividades.

( categories: )

Entroido 2017 - Concurso de caretas e cabezudos

Enviado por olalla o Sáb, 04/03/2017 - 07:44

     O venres 24 de febreiro celebramos no IES Illa de Ons a festa do Entroido http://www.edu.xunta.gal/centros/iesillaons/galeria/thumbnails.php?album=55. Ademais de disfraces e bailes convocáronse os xa tradicionais concursos de gastronomía e caretas e cabezudos. Neste último participaron os alumnos e alumnas de 1º da ESO, que presentaron todo tipo de personaxes elaborados coa técnica do papel maché. O xurado outorgou premios ás seguintes creacións:

PRIMEIROS PREMIOS:

Porto Rodal, Alba - OSO CON PELUCHE

Novas Arribas, Antía - CAVEIRA MEXICANA

 

SEGUNDOS PREMIOS:

Cestay Esteban, Víctor - PAIASO "SAW"

Rey Piedras, Breixo - MÁSCARA AFRICANA

 

TERCEIROS PREMIOS:

López Caíño, Iago - EXTRATERRESTRE

Comedeiro Losada, Carmen - DINOSAURO "YOSHI"

 

 

 Noraboa tanto aos gañadores/as como ao resto dos participantes pola calidade dos traballos presentados!

( categories: )

II Maratón Fotográfico San Martiño de Bueu

Enviado por olalla o Ven, 11/11/2016 - 10:09

     A Biblioteca do IES Illa de Ons e o Departamento de Educación Plástica e Visual queren animar a toda a Comunidade Educativa a participar no II Maratón Fotográfico do San Martiño de Bueu, convocado polo Concello dentro das actividades programadas para estas festas. No CADERNO DE BITÁCORA da Biblioteca podedes acceder ás bases desta convocatoria e a outras novas de interese.

( categories: )

Fitofaladoiro Ons

Enviado por olalla o Mér, 29/06/2016 - 13:24

Como xa todos e todas sabedes, este ano estivemos a traballar sobre os nomes e usos tradicionais das plantas da nosa contorna, dentro do proxecto Fitofaladoiro Ons (Plan Proxecta). Na páxina web do Fitofaladoiro está sendo publicada unha selección dos materiais elaborados por todos os que participastes nel. Na seguinte ligazón podedes ver os resultados. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!

( categories: )

FITOFALADOIRO ONS

Enviado por olalla o Mér, 02/03/2016 - 16:13

Que é o Fitofaladoiro Ons?

     Un proxecto que estamos a desenvolver no IES Illa de Ons, centrado na investigación sobre os nomes e usos das plantas da nosa contorna máis próxima. O ámbito familiar e veciñal será unha das principais fontes de información e os propios rapaces e rapazas os entrevistadores e recolectores das mostras.

Na seguinte infografía podemos ver, de xeito esquemático, as tarefas que estamos a realizar dentro do noso proxecto.

 

( categories: )

ENTROIDO 2016 - PREMIOS CARETAS E CABEZUDOS

Enviado por olalla o Ven, 12/02/2016 - 16:15

Coma en anos anteriores, o Departamento de Educación Plástica e Visual sumouse á celebración do Entroido convocando un concurso de caretas e cabezudos. Os alumnos e alumnas do centro traballaron a técnica do papel maché (papel e cola) para crear volumes partindo de globos, caixas e cartóns. Noraboa a todos e todas polos resultados!

 

 

GAÑADORES E GAÑADORAS DO CONCURSO:

PREMIOS ELABORACIÓN:

1º PREMIO: Ra (Deus exipcio) - Ana Queimaño (4º A)

2º PREMIO: Unicornio - Carlota Bernárdez (1º A)

3º PREMIO: Abella Maya - Paula Pena  (3º B)

PREMIOS CREATIVIDADE:

1º PREMIO: Personaxe de Minecraft - Álvaro e Gabriel Entenza (3º A)

2º PREMIO: Eddie the Head (Iron Maiden) - Héctor Rodríguez (3º A)

3º PREMIO: Sulley (Monstruos S.A.) - Andrea Castro (3ºA)

PREMIOS SIMPATÍA:

1º PREMIO: Shrek - David Juncal (1º B)

2º PREMIO: Stitch - Javier Ferradás (1º A)

3º PREMIO: Mike (Monstruos S.A.) - Abril Pena (3º A)

 

( categories: )
Distribuir contido