Artes plásticas

25 de Novembro. Día Internacional da Non Violencia contra a Muller.

Enviado por olalla o Mar, 26/11/2013 - 15:40

Deseños que participaron no "XI  Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero", convocado polo Centro de Información ás Mulleres do concello de Bueu.

Deseños 1

Deseños 2

( categories: )

Programación Educación Plástica e Visual 2013/2014

Enviado por olalla o Mar, 26/11/2013 - 13:41

  A continuación móstrase a información básica da programación didáctica de Educación Plástica e Visual por cursos  

INFORMACIÓN BÁSICA DA PROGRAMACIÓN EPeV - 1º E.S.O.

MÍNIMOS EXIXIBLES
•    Aprender a diferenciar os elementos básicos da linguaxe plástica nunha imaxe e ser capaces de  se expresar graficamente con eles.
•    Distinguir as cores primarias, secundarias e complementarias, así coma as gamas cromáticas cálidas e frías.
•    Diferenciar os tipos de formas na natureza, así coma os conceptos de figuración e abstracción referidos á representación da realidade.
•    Saber realizar os trazados xeométricos básicos, e manexar correctamente a escuadra e o cartabón.
•    Saber clasificar as formas poligonais e construír tanto polígonos regulares como a súa aplicación en redes xeométricas.
 

CONTIDOS

1ª Avaliación  

U.D.0. Os materiais de debuxo
U.D.1. (1ª parte da unidade) Trazados xeométricos básicos I
U.D.2. A linguaxe visual
U.D.3. (1ª parte da unidade) Elementos básicos da expresión plástica I

2ª Avaliación 

U.D.1. (2ª parte da unidade) Trazados xeométricos básicos II
U.D.3. (2ª parte da unidade) Elementos básicos da expresión plástica II
U.D.4. A cor
U.D.5. As formas

 
3ª Avaliación

U.D.6. As formas poligonais.
U.D.7. A figura humana. Proporcións.
U.D.8. A forma no espazo
 

INFORMACIÓN BÁSICA DA PROGRAMACIÓN EPeV - 3º E.S.O.

MÍNIMOS EXIXIBLES
•    Recoñecer os elementos básicos da linguaxe visual e os códigos propios de cada medio de comunicación visual.
•    Aplicar e recoñecer na natureza e creacións artísticas os elementos básicos da expresión e representación, así como aprender a expresaren as súas propias ideas.
•    Aprender a distribución das cores no círculo cromático, coñecer as calidades da cor e ser capaces de realizar mesturas e gradacións tonais con diversas técnicas e materiais.
•    Distinguir e valorar a luz e o volume na realidade e representalo graficamente mediante o claroscuro.
•    Coñecer e realizar composicións, utilizando os conceptos de simetría, contraste, ritmo, equilibrio e peso visual.
•    Realizar con precisión os trazados xeométricos básicos, a construción de polígonos regulares e redes modulares e os ovals e ovoides.
•    Observar e distinguir a proporción na arte e na natureza.
•    Desenvolver recursos xeométricos para representar o espazo tridimensional.


CONTIDOS

1ª Avaliación

U.D.1. (1ª parte) Debuxo xeométrico I. Trazados básicos
U.D.2. Percepción e lectura de imaxes
U.D.3. A linguaxe audiovisual
U.D.4. Análise de formas

2ª Avaliación

U.D.1. (2ª parte) Debuxo xeométrico II. Polígonos.
U.D.5. Elementos básicos da expresión plástica.
U.D.6. A cor
U.D.7. Luz e volume

3ª Avaliación

U.D.8. A composición
U.D.9. Debuxo xeométrico III
U.D.10. Proporción e estruturas modulares
U.D.11. Sistemas de representación
 

 

INFORMACIÓN BÁSICA DA PROGRAMACIÓN EPeV - 4º E.S.O.

MÍNIMOS EXIXIBLES
•    Tomar contacto cos distintos estilos artísticos ao longo da historia.
•    Representar composicións plásticas a partir da organización dos elementos plásticos e desenvolver o sentido estético co uso de distintas técnicas.
•    Aplicar técnicas elementais de encaixe e valorar a incidencia da luz nos obxectos como creadora de volume.
•    Comprender as relacións de proporción que se establecen entre as partes dunha mesma figura.
•    Utilizar con destreza os intrumentos de debuxo técnico para a realización de distintos tipos de trazados: construcións xeométricas básicas, polígonos dado o radio e o lado, estrelados, tanxencias e enlaces...
•    Expresarse creativamente a través da elaboración de distintos deseños.
•    Saber desenrolar un proxecto artístico.
•    Coñecer os tres sistemas de representación en tres dimensións: diédrico, axonométrico (isometrías e cabaleira) e cónico para a realización de figuras planas e sólidos sinxelos.


CONTIDOS

1ª Avaliación

U.D.1. (1ª parte) Xeometría plana I.1. Repaso ángulos
U.D.2. 2.1. As vangardas artísticas. Punto e liña
U.D.3. Encaixe e claroscuro
U.D.1. (2ª parte) Xeometría plana I.2. Repaso polígonos

2ª Avaliación

U.D.2. (2ª parte). As vangardas artísticas. Plano e texturas
U.D.4. (1ª p) Xeometría plana II.1 Repaso curvas técnicas
U.D.5. A figura humana
U.D.6. Deseño e publicidade

3ª Avaliación

U.D.4. (2ª p) Xeometría plana II.2 Tanxencias e enlaces
U.D.7. Proceso de creación
U.D.R. Repaso  sistemas de representación
U.D.8. Perspectiva cónica

AVALIACIÓN (PARA OS TRES CURSOS) 

Instrumentos de Avaliación:

  • Observación da actitude diaria na aula: interese pola materia, traballo en equipo, puntualidade, comportamento individual 
  • Traballos prácticos 
  • Probas

Criterios de cualificación:

  • Probas: 40%
  • Traballos prácticos: 40%
  • Actitude: 20%

Convocatoria extraordinaria:
O alumnado será cualificado mediante unha proba global teórico-práctica do seguinte xeito:

  • TRABALLOS PRÁCTICOS (60 % da nota total)
  • PROBA ESCRITA (40 % da nota total)

Tanto na avaliación ordinaria como na extraordinaria o alumnado deberá obter como mínimo unha nota dun 3 en cada unha das partes da proba para facer a media coas porcentaxes.

 


( categories: )

Viaxe de estudos a Madrid . 7-11 de Maio

Enviado por admin o Mér, 18/04/2012 - 18:25
07/05/2012 00:45
11/05/2012 23:59
Etc/GMT+1

VIAXE DE ESTUDOS MADRID 7-11 MAIO 2012
I.E.S. ILLA DE ONS - BUEU


PROGRAMACIÓN
LUNS 7 MAIO
- Saída do autobús AUTO RES de Pontevedra ás 08:00 h. Hai que estar na estación de autobuses un cuarto de hora antes da saída.
       
- Chegada a Madrid sobre as 15:45 h.
ALBERGUE: MAD HOSTEL C/Cabeza, 70-74   Madrid Teléfono: 91 506 48 40

MARTES 8 MAIO
 
- Mañán: Paseo pola cidade
- 16:00 h - Visita temática guiada ao Museo de Arte Thyssen-Bornemisza.

MÉRCORES 9 MAIO

- 13:00 h - Visita guiada ao Museo Nacional de Ciencia y Tecnología.


- 19:00 - Asistencia como público ao programa de televisión “El Intermedio” do alumnado de máis de 16 anos con Ana. Cine os menores de 16 anos con Teté.

XOVES 10 MAIO

- 10:00 h – Visita libre con audioguías ao Museo do Prado.

- 17:00 - Visita guiada ao Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.


- Paseo por Hortaleza, Fuencarral, Chueca e Malasaña.

VENRES 11 MAIO

- 10:00 – Visita guiada a exposición antolóxica de Marc Chagall na Fundación Caja Madrid.

- Saída autobús AUTO RES de Madrid ás 17:00 h 
- Chegada a Pontevedra sobre as 00:30 h.

( categories: )

VIAXE A BARCELONA

Enviado por Anónimo o Xov, 07/04/2011 - 17:05
07/04/2011 00:00
11/04/2011 00:00
Etc/GMT+1

ESTE ANO O NOSO CENTRO ESTÁ QUE "BOTA POR FÓRA" NO QUE SE REFIRE A ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. DENDE O DÍA 7 E ATA O DÍA 11 DESTE MES ALUMNADO DE 4º CURSO ESTARÁ DE VISITA EN BARCELONA PARA COÑECER DIVERSOS MUSEOS ONDE AMPLIAR OS SEUS COÑECEMENTOS RELACIONADOS COAS ARTES PLÁSTICAS. QUE O DISFRUTEN E QUE VOLVAN SEN CONTRATEMPO E CHEOS DE SABIDURÍA!!!


( categories: )

Debuxo da artista galega Maruja Mallo

Enviado por Anónimo o Xov, 08/10/2009 - 06:45
Debuxo da artista galega Maruja Mallo
( categories: )

Resumo da programación didáctica

Enviado por Anónimo o Xov, 08/10/2009 - 06:38
( categories: )
Distribuir contido