Tecnoloxía
EXPLORANDO OS MUNDOS VIRTUAIS
Enviado por soniarosales o Xov, 20/01/2022 - 12:54PROXECTO D'TEC: "EXPLORANDO OS MUNDOS VIRTUAIS"
As tecnólogas e tecnólogos de 4ºESO achegarónse á realidade aumentada (AR) e á realidade virtual (VR) grazas á participación no proxecto educativo "Explorando os mundos virtuais" desenvolvido polo CIS de Ferrol.
Foi un proxecto eminentemente práctico, no que o alumnado pasou de ser usuario a ser creador. Familiarizámonos con moitas aplicacións e a plataforma Cospaces foi a principal protagonista do proxecto.
O CIS cedeunos un kit composto por licenzas de programas, lentes VR para integrar os móbiles, camisetas e Merge Cubes.
O alumnado foi quen de crear un mundo espacial, unha peceira, unha casa chea de vida, unha visita virtual a distintos espazos do instituto ou de facer un Book Report dun dos seus libros favoritos empregando ferramentas de AR e VR.
@Xunta @galiciacrece @axenciaGAIN #programaDtec #MundosVirtuais
Conferencia "La inteligencia artificial no es ciencia ficción"
O alumnado de 4º ESO asistiu, o xoves 9 de decembro, á charla “La inteligencia artificial no es ciencia ficción" no salón de actos do instituto, impartida por Amparo Alonso Betanzos, catedrática da Área de Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de A Coruña, coordinadora do grupo LIDI (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) e presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial.
Da colaboración entre a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra xurde a II Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos. Neste ciclo de conferencias nos centros de ensino, que pretenden difundir ciencia e tecnoloxía, abórdanse distintas temáticas con repercusión na sociedade, ademais de promover o enorme traballo científico levado a cabo en Galicia.
Taller "Rayos y Centellas"
Enviado por admin o Lun, 19/09/2016 - 06:09O alumnado de 3º e 4º de ESO, asistirá o martes 20 de setembro a unha actividade organizada pola Fundación Barrié en Vigo " Rayos y Centellas".
VISITA CENTRO DE PRODUCCIÓN CITRÖEN AUTOMÓBILES ESPAÑA, S.A. - alumnado 4º E.S.O.
Enviado por soniarosales o Ven, 27/11/2015 - 15:54O vindeiro xoves 10 de decembro, alumnado de 4º E.S.O. A e P.D.C. visitarán a planta do grupo PSA en Vigo.
PROGRAMA:
09.45h -Recepción dos alumnos/as na Portería Principal do Centro
10.00h-11.00h - Presentación do Centro de Vigo e do Sistema de fabricación– 30’
- Presentación sobre a historia da fábrica, a súa situación actual así como un vídeo sobre a fabricación dun automóbil. A presenza das mulleres na nosa empresa: un valor en alza– 10’
- Exposición dos resultados froito das políticas sociais de integración de mulleres no equipo da Empresa. Unha posibilidade laboral: a diversidade de profesións nunha fábrica de automóbiles. – 10’
En colaboración cunha das nosas traballadoras comentarse a diversidade de oficios e profesións que hai nunha empresa de automoción. Dispoñerase de 10’ para organizar os grupos e poñer os medios de protección individual.
Visita á fábrica:
Formaranse dous grupos que irán acompañados, cada un ,por unha persoa de PSA encargada de realizar a visita e un profesor.
Recoméndase que as mulleres non leven zapatos de tacón, para maior comodidade á hora de levar as proteccións dos pes.
Grupo 1:
11.00h -12.00h Visita a Escola de Formación do Centro de Vigo: A fabricación dun automóbil. Como é o esqueleto dun vehículo?.
12.00h – 13.00h Visita aos talleres de Produción ,Embutición, Ferraxe e Montaxe.
Grupo 2:
11.00h – 12.00h Visita aos talleres de Produción ,Embutición, Ferraxe e Montaxe
12.00h – 13.00h Visita a Escola de Formación do Centro de Vigo: A fabricación dun automóbil. Como é o esqueleto dun vehículo?
SAÍDA MONDARIZ-ABELLA LUPA
Enviado por admin o Mar, 04/11/2014 - 09:55SAÍDA AUGAS DE MONDARIZ E ABELLA LUPA
ALUMNADO 3º E.S.O.
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA E DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA
