Conferencia "La inteligencia artificial no es ciencia ficción"

Enviado por soniarosales o Xov, 09/12/2021 - 17:07

O alumnado de 4º ESO asistiu, o xoves 9 de decembro, á charla “La inteligencia artificial no es ciencia ficción" no salón de actos do instituto, impartida por Amparo Alonso Betanzos, catedrática da Área de Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de A Coruña, coordinadora do grupo LIDI (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) e presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial.

Da colaboración entre a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra xurde a II Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos. Neste ciclo de conferencias nos centros de ensino, que pretenden difundir ciencia e tecnoloxía, abórdanse distintas temáticas con repercusión na sociedade, ademais de promover o enorme traballo científico levado a cabo en Galicia. 

 

( categories: )