Xeografía e historia
Visita Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.
Saída ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.
Alumnado de 1º da ESO.
- Obradoiro 1 sobre a metade silenciada: As mulleres na Prehistoria.
- Obradoiro 2 sobre a caza na Prehistoria.
- Visita á reconstrución dun poboado da Idade dos Metais.
- Visita aos petróglifos que se conservan na contorna do parque.
- Roteiro.
Profesorado acompañante: Diana,Toño e máis Olalla.
IV Gala dos Premios á Xuventude - Deputación de Pontevedra
O sábado día 19 celebrouse a IV Gala dos Premios á Xuventude no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra. Os Premios á Xuventude premian os traballos presentados en oito categorías distintas por mozos e mozas da provincia de entre 16 e 35 anos, aínda que no caso do apartado de Educación en Valores están dirixidos especificamente aos centros educativos. Nesta edición o noso centro obtivo o segundo premio neste apartado.
Queremos felicitar ás alumnas e alumnos de 4º de ESO do pasado curso 2019/2020 e ao profesorado que coordinou o proxecto Podcast: "Unha historia digna de contar".
Nomeadamente queremos destacar o entusiasmo e a organización de Diana e Quique e a colaboración das familias na elaboración destes contidos que podedes volver a experimentar no seguinte enlace:
Presentación e síntese didáctica das materias do departamento XeH
Presentacións e proposta didáctica das materias:
- 4º ESO Historia
- 4º ESO Economía
- 4º ESO Iniciación a actividade emprendedora e empresarial
- 3º ESO Xeografía e Historia
- 2º ESO Xeografía e Historia
- 1º ESO Xeografía e Historia
III Olimpíada Galega de Historia
Queremos render unha homenaxe á nosa representación na III Olimpíada Galega de Historia.
Antía Novas Arribas, Carla Moital Fernández, Paula Fernández Cruz e Sara Soliño Iglesias formaron o equipo que se denominou Wollstonecraft.
Estas campioas de 4º de ESO obtiveron un espectacular cuarto posto a nivel galego no certame organizado pola Universidade de Vigo.
Á gala de entrega de premios que se celebrou na Facultade de Historia do Campus de Ourense, acudiron acompañadas pola súa titora/adestradora Diana Vilas Meis.
Os nosos parabéns a estas esforzadas deportistas do coñecemento!
https://www.laregion.es/articulo/ourense/mas-saben-pasado-suben-podio/20200710225309959278.html
PRESENTACIÓN NO AUDITORIO DE BUEU
Enviado por admin o Lun, 29/02/2016 - 09:49Presentación da UNIDADE DIDÁCTICA " A NENEZ GALEGA A TRAVÉS DOS ANTEOLLOS DE CASTELAO"
4º ESO na Pontevedra de Castelao
Enviado por admin o Sáb, 05/12/2015 - 10:26O xoves día 3 estivemos no Museo de Pontevedra visitando as dúas salas dedicadas a Castelao. Grazas ás fichas que nos deron, confrontamos a moi variada obra plástica deste artista: debuxos (de negros, da guerra, da vida cotiá, etc.), linóleos, cadros, carteis, etc. Ademais disto, tamén había revistas, fondos dixitalizados e ata as máscaras orixinais de Os vellos non deben de namorarse. O equipo de guías do museo estivo en todo momento pendente nosa e axudounos a localizar e entender as diferentes obras.
Máis tarde, fomos a unha visita pola zona histórica de Pontevedra, onde o guía, que fixo o paseo moi ameno cunha chea de anécdotas, nos ensinou os espazos que tiñan relación con Castelao e nos fixo comprender moitísimos aspectos do pasado e da evolución da cidade, algúns deles moi pero que moi sorprendentes. Algún quedou ata abraiado ao comprobar o fácil que é "inventar" a historia.
Uf, aínda menos mal que non nos choveu! Para ser unha mañá, quedou ben completa.
Presentación no Culturgal
Enviado por admin o Xov, 03/12/2015 - 18:44Presentación do libro do noso compañeiro Óscar !
O vindeiro venres 4 de decembro dentro da programación do Culturgal (Feira das Industrias Culturais de Galicia, que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra), terá lugar ás 19.00 h no Espazo foro a presentación do libro "A nenez galega a través dos anteollos de CASTELAO", dos autores: Diana Vilas Meis, Óscar Rodríguez García, Laura Carpente Tielas e Manuel Rodríguez Conde. Colabora: Gabinete didáctico do Museo de Pontevedra. Publica: Deputación de Pontevedra.
Roteiro Castelao
Enviado por admin o Mar, 01/12/2015 - 20:05
En Pontevedra con Castelao
O alumnado de 4º ESO desprazarase este xoves día 3 ata Pontevedra para saber máis
deste insigne persoeiro da cultura galega, cuxa obra deben estudar no presente
trimestre. Visitarase o espazo Castelao do Museo de Pontevedra, que tanta relación
ten co rianxeiro, onde terán a oportunidade de realizar actividades a partir da súa
obra gráfica. Máis tarde e acompañados por un guía do Concello, efectuarase o
Roteiro Castelao, o cal consiste nun paseo pola parte histórica da cidade visitando
todos aqueles lugares relacionados con este pontevedrés de adopción.
