ED330B - Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2023/24
ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (código de procedemento ED330B).
DOG Núm. 94 do 19 de maio de 2023
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexos I e II), dispoñible na aplicación informática Fondolibros, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365.
Así mesmo, a aplicación informática permitiralles aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.
Prazo de presentación:
20/05/2023 - 21/06/2023
TAEKWONDO
Enviado por toño o Xov, 15/12/2022 - 17:59Entre os días 3 e 6 de decembro tivo lugar en Alacante o "Campionato de España de Taekwondo por clubes 2022"
E nese campionato participou a nosa querida alumna Nuria Rodríguez Iglesias de 3ºA acadando dúas medallas:
- Bronce en freestyle individual -17
- Ouro en freestyle quinteto +12
Dende o Illa de Ons a nosa noraboa e moito ánimo para seguir practicando taekwondo. Parabéns Nuria!!
Nota: se revisades o historial desta páxina veredes que Nuria segue a tradición familiar pois xa a súa irmá Iria amosaba o seu alto nivel no mundo do taekwondo coa súa participación no Campionado de España no ano 2021...
Visita a Nodosa e A Aixola do alumnado de 1º ESO
Enviado por soniarosales o Mér, 23/11/2022 - 05:28O alumnado de 1º ESO visitou o martes 22 de novembro as instalacións dos Estaleiros Nodosa e o Centro de Formación A Aixola no Porto de Marín. Acompañados das profesoras María (Matemáticas) e Sonia (Tecnoloxía) aprenderon moitísimas cousas ligadas ao traballo con distintos materiais no naval.
A pesar da choiva, e cumprindo coas normas de seguridade co casco posto, en Nodosa ensináronnos a actividade que desenvolven no sector naval. Puidemos ver traballos de produción, reparación e mantemento. Destacar o alongamento que están a facer do buque arrastreiro New Polar en 14,4 m.
Despois tocoulle a vez a A Aixola, centro de formación do sector marítimo-pesqueiro. Alí percorremos os talleres de carpintería de ribeira, de poliéster, de mecánica e electricidade, de pneumática e velería e o taller de redes.