II Maratón Fotográfico San Martiño de Bueu

     A Biblioteca do IES Illa de Ons e o Departamento de Educación Plástica e Visual queren animar a toda a Comunidade Educativa a participar no II Maratón Fotográfico do San Martiño de Bueu, convocado polo Concello dentro das actividades programadas para estas festas. No CADERNO DE BITÁCORA da Biblioteca podedes acceder ás bases desta convocatoria e a outras novas de interese.

XORNADA DE XOGOS POPULARES

07/11/2016 21:51
Etc/GMT+1

Este curso repetimos xornada de xogos populares. Ó longo do día 7 de novembro estivemos xogando cos trebellos  que Manolo Otero e os seus compañeiros nos trouxeron. Aquí tedes algunhas fotos

TEI. Titoría Entre Iguais

08/11/2016 10:30
08/11/2016 11:20
Etc/GMT+1

O martes día 8 ás 10,30h. acto den entrega de carnets do proxecto TEI.

TALLERES EXPRESARTE

24/10/2016 16:00
25/10/2016 11:20
Etc/GMT+1

luns 24 de outubro: 2º ESO, de 16H ata 17,40H.

Martes 25 outubro: 3º ESO, de 10,30h. ata 11,20h.

 

Expresarte!

 

Proxecto para a sensibilización, formación e prevención da violencia de machista a través da creación de materiais audiovisuais

 

 

O proxecto ExpresArte!, tratará en primeiro lugar, sensibilizar ao alumnado  da ESO, sobre os valores ligados a promoción da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero. En segundo lugar, sobre o traballo realizado, ofrecer a posibilidade de levar a cabo unha campaña de difusión e sensibilización en materia de igualdade para o resto da cidadanía a través de diferentes materiais audiovisuais (curtametraxes, spots, videoclips, mini documentais)

 

Ademais, consideramos que dende a potenciación de procesos verdadeiramente participativos,

podemos crear as condicións didácticas necesarias para que o alumnado adquira as

competencias básicas no seu proceso de desenvolvemento persoal, de cara a asentar unha

verdadeira educación para a igualdade que teña incidencia real nos seus hábitos e

comportamentos cotiás.

 

obxectivos

 

  • Proporcionar un achegamento a temática da igualdade de oportunidades ao alumnado do Concello de Bueu.

  • Promover a adquisición de valores ligados á sensibilización e promoción da igualdade de oportunidades coa elaboración de diferentes materiais audiovisuais.

  • Fomentar dinámicas plenamente participativas e motivadoras para que a mocidade se implique na creación de propostas de educación para a igualdade.

  • Desenvolver materiais audiovisuais que promovan a sensibilización contra a violencia de xénero.

 1º ESO  sesión conxunta Grupos A e B día 20 xoves.

1ª sesión de 10,30h-11,20h.

2ª sesión de 11,50h- 12,45h.

Teatro" O Tartufo"

05/10/2016 09:00
05/10/2016 14:25
Etc/GMT+1

O alumnado de oratoria de 1º e 2º de ESO xunto co alumnado de 4º de ESO de Artes escénicas asistirá a unha representación teatral no salón teatro de Santiago de Compostela "O TARTUFO" DE Molière.

A representación corre a cargo do Centro Dramático Galego baixo a dirección de Carles Alfaro.

Andaina - Acampada

10/06/2016 15:00
11/06/2016 12:00
Etc/GMT+1

Os pasados días 10 e 11 de xuño tivo lugar unha nova actividade do departamento de E.F. Ó remate das clases do venres 10, subimos a Chans xunto cos alumnos de 6º de primaria dos coles de Beluso, Cela, A Pedra e Ardán que o vindeiro curso compartirán instituto con nós. Alí xantamos e comezamos a andaina que nos había de levar polos montes do Morrazo pasando polo monte Paralaia e tamén por Ermelo. Dende alí baixamos pola beira do río Bispo ata chegarmos ó instituto. Aquí tedes algunha foto:

Pero o conto non rematou aí. Unha vez no instituto quedamos a pasar a noite nel !! Preparamos todo no ximnasio, duchámonos, ceamos e trouleamos ata as dúas e media da noite (a algúns aínda lles pareceu pouco). Era curioso ver o ximnasio convertido nun campamento. Mirade, mirade:

 

Pola mañá, despois de almorzar na sala de entrada do insti convertida en comedor, tivemos xogos populares. Non estivo nada mal...

En fin, pasámolo ben, e démoslle outro uso ó insti. Para rematar aquí vai unha foto dos alumnos do ILLA DE ONS que participamos. MENUDA TROPA!!

 

 

TORNEO DE FLOORBALL

01/06/2016 20:12
Etc/GMT+1

O pasado día 30 de maio tiveron lugar as finais do torneo de Floorball. Dende mediados do mes de maio víñase celebrando nos recreos este emocionante torneo no ximnasio do noso centro.

Aquí tedes ós finalistas do torneo. Na foto de enriba están os de 1º e 2º cursos e na de debaixo os finalistas de 3º e 4º.

O torneo foi todo un éxito que creou moita expectación durante os recreos. Todo saíu moi ben e non houbo feridos de gravidade...

Moitas grazas a todos os participantes!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

31/05/2016 07:32
Etc/GMT+1

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O martes, 31 de maio, tivemos a visita do alumnado de 6º de Educación Primaria, que para o vindeiro curso estará matriculado en 1º de ESO no noso IES.

 

 

 

 

Ensinámoslles o centro e participaron en diversas representacións organizadas polo noso alumnado.

O ximnasio 

 

O rocódromo

 

A aula de educación plástica

 

A aula de tecnoloxía

 

O laboratorio

 

 

Xa no salón de actos, disfrutaron das representacións musicais dos nosos alumnos/as, e participaron nunha batucada.

 

Asistiton a un baile organizado polas alumnas.

 

Foi un pracer recibirvos .

Esperámosvos a tod@s en setembro !!!!!

 

 

 

 

 

17 de MAIO. LETRAS GALEGAS

 

O alumnado do noso centro participou o Domingo 15 de maio no acto de entrega dos premios Johan Carballeira, representando unha pequena montaxe moi  vistosa.

 

O acto celebrouse no Centro Social de Bueu. Noraboa a Teté, Moisés e ao alumnado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita a Radio Vigo y Localia Televisión de los alumnos de 3º y algunos de 4º

 

 

 

El jueves 21 de abril, los alumnos de 3º y algunos de 4º, acompañados por Ana y Moisés, visitaron las instalaciones de Radio Vigo y Localia Televisión. Aprendieron, desde dentro, cómo es un estudio de radio, cómo funciona, qué terminología emplean, qué señales visuales tiene y hasta grabaron cuñas publicitarias. Y también descubrieron los trucos y las trampas de que se vale la televisión para engañarnos con loss fondos de los platós, y de los decorados que se utilizan en los programas y las películas. ¡¡Lo pasamos muy bien!!

Y además, desde Radio Vigo Grupo de Comunicaciones han mandado felicitaciones, a través de redes sociales como Facebook, Instagram  y Twitter por el buen comportamiento, la gran participación de nuestros alumnos y lo bien que hicieron de locutores. ¡¡Es un placer poder disfrutar con vosotros de estas clases fuera del aula!!

 

 Gracias chicos.

 

 

Distribuir contido