IV Gala dos Premios á Xuventude - Deputación de Pontevedra

Enviado por Secretaría o Lun, 21/12/2020 - 07:00

O sábado día 19 celebrouse a IV Gala dos Premios á Xuventude no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra. Os Premios á Xuventude premian os traballos presentados en oito categorías distintas por mozos e mozas da provincia de entre 16 e 35 anos, aínda que no caso do apartado de Educación en Valores están dirixidos especificamente aos centros educativos. Nesta edición o noso centro obtivo o segundo premio neste apartado.

Queremos felicitar ás alumnas e alumnos de 4º de ESO do pasado curso 2019/2020 e ao profesorado que coordinou o proxecto Podcast: "Unha historia digna de contar".

Nomeadamente queremos destacar o entusiasmo e a organización de Diana e Quique e a colaboración das familias na elaboración destes contidos que podedes volver a experimentar no seguinte enlace:

Proxecto Podcast: Unha historia digna de escoitar