Obxectivos

Plan Dixital de Centro 23-24

Enviado por admin o Lun, 17/10/2022 - 11:36

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

 

Desde o ano 2011 o centro participou no Programa Abalar para dixitalizar as aulas e dotar de equipamento informático en empréstamo para o alumnado. No ano 2017 o Programa Abalar evoluciona cara o Proxecto Edixgal e, de novo, o centro comprométese na dixitalización do ensino e no uso dos libros dixitais para 1º e 2º de ESO.

 

O Plan Dixital debe ser o gran impulsor do proxecto Proxecto Edixgal. Unha proba do compromiso é a vontade demostrada polo profesorado, sobre todo a partir da situación derivada pola pandemia, son os diversos contidos e dinámicas de traballo vinculadas ás plataformas como o Entorno Virtual de Aprendizaxe en 1º, 2º e 3º da ESO e da Aula virtual especialmente en 4º ESO.

 

Un dos obxectivos recollidos na Programación Xeral Anual é o de “promover o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula” como medio didáctico para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe. Para isto é preciso que o profesorado teña unha formación continua e acade un grado de competencia dixital satisfactorio. No Plan Dixital de centro establecéronse e temporalizáronse unha serie de obxectivos (accións) para mellorar progresivamente o grado de competencia dixital do profesorado do centro.

 

Plan dixital de centro.

Estratexia para impulsar o desenvolvemento das competencias dixitais da comunidade educativa dentro do horizonte educación dixital 2030 con dous obxectivos:

  • Impulsar as competencias do alumnado en materia de novas tecnoloxías

  • Desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento

 

Pódese consultar a documentación oficial aprobada polo Claustro e polo Consello Escolar premendo na seguinte imaxe:

( categories: )
Distribuir contido