Charla Navega Con Rumbo

Enviado por admin o Mar, 27/11/2018 - 19:13
05/12/2018 13:35
05/12/2018 14:25
Etc/GMT+1

Charla dirixida ó alumnado de 1º e 2º ESO sobre a utilización segura e correcta de internet.

( categories: )

O 25 de Novembro no IES ILLA de ONS

Enviado por admin o Mar, 27/11/2018 - 19:03

Dúas representacións, a primeira dirixida ao alumnado de 3º e 4º ESO, e a segunda dirixida ao alumnado de 1º e

2º de ESO.

( categories: )

Concurso de relatos e certame fotográfico

Enviado por olalla o Mar, 08/05/2018 - 15:59

     A Biblioteca, en colaboración coa ANPA e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, está a promover dous concursos dirixidos ao alumnado do IES Illa de Ons:

  • Un concurso de relatos para conmemorar o Día das Letras Galegas e homenaxear a Mª Victoria Moreno.
  • Un certame fotográfico co fin de seleccionar unha serie de imaxes que ilustrarán un calendario para o vindeiro curso.

     Aquí tedes os carteis promocionais coas bases dos dous concursos.

TALLERES SOBRE DROGODEPENDENCIAS.

Enviado por admin o Xov, 25/01/2018 - 05:14
15/02/2018 11:55
15/02/2018 12:45
Etc/GMT+1

REXURDIR impartirá no noso centro un taller sobre drogodependencias ó alumnado de 1º de ESO.

 

TALLERES SOBRE PREVENCIÓN DE DROGAS

 

 

Comezarán no centro uns talleres sobre prevención de drogas. Serán un total de cinco talleres, na hora de titoría, dirixidos ao alumnado de 1º de ESO e impartidos pola Asociación Rexurdir. 

DATAS: 18 e 25 de xaneiro.

              1 e 15 de febreiro.

               8 de marzo.

A través dos mesmos preténdese facer reflexionar ao alumnado sobre o concepto que teñen das drogas, aclarar as dúbidas ao respecto, estimular a súa capacidade crítica, que sexan conscientes da influencia da presión social...todo isto coa finalidade de desenvolver a capacidade de tomar decisións de forma autónoma e introducilos nas técnicas de persuasión para evitar situacións de risco coas que non estén de acordo.

 

( categories: )

Función de teatro "LA VIE EN ROSE"

Enviado por admin o Xov, 25/01/2018 - 05:11
22/02/2018 10:00
22/02/2018 12:00
Etc/GMT+1

O 22 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de ESO  asistirá ó auditorio do concello de Cangas á representación dunha obra teatral  en francés" LA VIE EN ROSE". Trátase dunha obra de teatro na que o alumnado coñecerá épocas e movementos sociais nos que os protagonistas son mulleres que fixeron historia.

( categories: )

Magosto .

Enviado por admin o Sáb, 04/11/2017 - 16:17
06/11/2017 16:00
06/11/2017 17:40
Etc/GMT+1

O luns 6 de novembro faremos o magosto pola tarde. Haberá tamén xogos populares e aproveitaremos para celebrar o Samaín con diversas actividades.

( categories: )

Entroido 2017 - Concurso de caretas e cabezudos

Enviado por olalla o Sáb, 04/03/2017 - 07:44

     O venres 24 de febreiro celebramos no IES Illa de Ons a festa do Entroido http://www.edu.xunta.gal/centros/iesillaons/galeria/thumbnails.php?album=55. Ademais de disfraces e bailes convocáronse os xa tradicionais concursos de gastronomía e caretas e cabezudos. Neste último participaron os alumnos e alumnas de 1º da ESO, que presentaron todo tipo de personaxes elaborados coa técnica do papel maché. O xurado outorgou premios ás seguintes creacións:

PRIMEIROS PREMIOS:

Porto Rodal, Alba - OSO CON PELUCHE

Novas Arribas, Antía - CAVEIRA MEXICANA

 

SEGUNDOS PREMIOS:

Cestay Esteban, Víctor - PAIASO "SAW"

Rey Piedras, Breixo - MÁSCARA AFRICANA

 

TERCEIROS PREMIOS:

López Caíño, Iago - EXTRATERRESTRE

Comedeiro Losada, Carmen - DINOSAURO "YOSHI"

 

 

 Noraboa tanto aos gañadores/as como ao resto dos participantes pola calidade dos traballos presentados!

( categories: )

Programa Revitaliza

Enviado por admin o Lun, 20/02/2017 - 13:39
21/02/2017 09:40
22/02/2017 11:20
Etc/GMT+1

O martes 21 e o mércores 22, levaremos a cabo co alumnado de 1º, 2º e 4º ESO o programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

O programa Revitaliza, conleva unha charla formativa sobre a compostaxe e a montaxe  e posta en marcha dun composteiro no propio centro.

( categories: )

TALLERES SOBRE PREVENCIÓN DE DROGAS

Enviado por silvia o Lun, 09/01/2017 - 06:34
15/02/2017 11:55
15/02/2017 12:45
Etc/GMT+1

TALLERES SOBRE PREVENCIÓN DE DROGAS

 

 

O xoves 12 de Xaneiro comezarán no centro uns talleres sobre prevención de drogas. Serán un total de cinco talleres, na hora de titoría,  dirixidos ao alumnado de 1º de ESO e impartidos pola Asociación Rexurdir. 

A través dos mesmos preténdese facer reflexionar ao alumnado sobre o concepto que teñen das drogas, aclarar as dúbidas ao respecto, estimular a súa capacidade crítica, que sexan conscientes da influencia da presión social...todo isto coa finalidade de desenvolver a capacidade de tomar decisións de forma autónoma e introducilos nas técnicas de persuasión para evitar situacións de risco coas que non estén de acordo.

 

( categories: )

XIV CONCURSO DE CARTEIS "CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Enviado por silvia o Xov, 01/12/2016 - 08:06
01/12/2016 06:42
Etc/GMT+1

 

Día Internacional da Non Violencia contra a Muller

Co gallo da Conmemoración, do día 25 de Novembro de 2016, Día Internacional da Non Violencia contra a Muller, un ano mais, participamos no concurso de carteis sobre "A Violencia de Xénero" organizado polo Centro de Información ás Mulleres.

Os carteis feitos polo alumnado están espostos no centro e un deles recibiu unha mención especial, foi o de Antía Novas Arribas, que cursa 1º de ESO.

 

                                                                                        

                                                                                           

 

O día 25 de Novembro asistimos a unha concentración silenciosa diante do Concello e logo no Centro Social do Mar foi a entrega dos premios aos gañadores/as.

 

( categories: )
Distribuir contido