Distribución de máscaras entre o alumnado

Enviado por Secretaría o Xov, 19/11/2020 - 09:27

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar no DOG Núm. 230, do venres 13 de novembro de 2020, a ORDE do 6 de novembro de 2020 onde se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria:

 

Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar e, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna os requisitos.

 

As solicitudes serán proporcionadas na secretaría do centro así como a información sobre documentación necesaria para tramitar o procedemento. A data límite para presentar as solicitude debidamente cumprimentadas e asinadas será o vindeiro venres 27 de novembro.

 

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 (cheque de material). ESTE ALUMNADO ENTRA AUTOMATICAMENTE NO REPARTO SEN NECESIDADE DE REALIZAR NINGÚN TRÁMITE ADICIONAL.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

 

Pódese consultar o contido completo da Orde que regula o reparto no seguinte enlace:

ORDE do 6 de novembro de 2020

( categories: )