Escolares
MUSICAL MISERÁBEIS
Enviado por admin o Dom, 20/10/2019 - 18:24O musical Miserábeis fai unha revisión contemporánea e feminista, integramente en lingua galega, da novela do escritor francés Victor Hugo. A historia transcorre na Francia do séc. XIX e das revolucións de 1830 con referencias a temas actuais como a loita pola liberdade, a desigualdade social, a coraxe ou a revolución do pobo. Este espectáculo, galardoado co Premio de Innovación Educativa en dinamización lingüística (2018-19) da Xunta de Galicia, ofrece unha adaptación teatral e musical propia, que concentra en escena a máis de medio centenar de membros da comunidade educativa -profesorado, alumnado entre 12 e 16 anos, persoal non docente…-, nunha aposta única dende o ensino público para educar na igualdade dende unha aprendizaxe cooperativa e interdisciplinar.
TEI. Titoría Entre Iguais
Enviado por admin o Dom, 06/11/2016 - 18:39O martes día 8 ás 10,30h. acto den entrega de carnets do proxecto TEI.
Roteiro Castelao
Enviado por admin o Mar, 01/12/2015 - 19:05
En Pontevedra con Castelao
O alumnado de 4º ESO desprazarase este xoves día 3 ata Pontevedra para saber máis
deste insigne persoeiro da cultura galega, cuxa obra deben estudar no presente
trimestre. Visitarase o espazo Castelao do Museo de Pontevedra, que tanta relación
ten co rianxeiro, onde terán a oportunidade de realizar actividades a partir da súa
obra gráfica. Máis tarde e acompañados por un guía do Concello, efectuarase o
Roteiro Castelao, o cal consiste nun paseo pola parte histórica da cidade visitando
todos aqueles lugares relacionados con este pontevedrés de adopción.
CHARLA "NAVEGA CON RUMBO"
Enviado por admin o Xov, 12/02/2015 - 07:35O día 23 de febreiro de 2015 teremos dúas charlas informativas impartidas por un enxeñeiro informático para explicarlles aos alumn@s a utilización responsable e segura de internet.
Os alumnos de 1º e 2º da ESO asistirán en horario de 12,45 ata 13,35h.
Os alumnos de 3º e 4º ESO asistirán en horario de 13,35 ata 14,25h.
Magosto 2014
Enviado por admin o Dom, 09/11/2014 - 07:01o vindeiro luns día 10 de novembro celebraremos o magosto.
Os alumn@s de 4º da ESO serán coma sempre os encargados de facer os preparativos e asar marabillosamente as castañas que cada un de nós levaremos ao instituto.
Contando contos aos cativos
19 de decembro de 2011
O luns 19 cinco alumnas do instituto foron a contarlles uns contos aos cativos de 3 anos do CEIP A Pedra.
Susana López Romero e Ángela Villanueva González contaron 2 contos: "A vaca que puxo un ovo" e "Lobo Buzú está namorado"
Iria Rosas Regueira e Lucía Fernández Amoedo contaron 2 contos : " O incrible neno devorador de libros" e ¿Onde perdeu Lúa a risa?
María Mercedes Pretel González contoulles o conto : " Aínda nada?"
No segundo trimestre voltaremos con máis historias para contarlles.
SEMANA BRANCA EN VALGRANDE-PAJARES
Os alumnos/as de 2º da ESO estivemos gozando da neve na estación asturiana de Valgrande-Pajares. Tamén viaxamos un día ata Oviedo e outra tarde fomos ao museo da minería na localidade asturiana de "El Entrego".
sentímolo, flash non está dispoñible.
CONCURSO CARTAS DE AMOR
O AMOR chegou ao Illa de Ons en forma de carta, onde as rapazas e os rapaces expresaron a intimidade dos seus sentimentos, e de declaracións que lle dedicaron aos amores, reais ou imaxinarios.
O AMOR foi o eixo que moveu o concurso de expresión escrita máis participativo do ano. Moreas de textos orixinais e creativos, merecedores de premios, dos que só 3 persoas de cada categoría foron as gañadoras dos regalos: Aida Queimaño e Aida Carballo de 3º B e Sara Menduíña de 2º B na categoría de cartas de amor. Verónica Chapela de 1ºA, Ángela Villanueva de 1ºB e Laura Rial de 1ºA na categoría de declaracións de amor. PARABÉEENS.
