INFORMACIÓN PROVISIONAL ÁS FAMILIAS 3ª AVALIACIÓN

Enviado por admin o Lun, 20/04/2020 - 16:45

 

 

INSTRUCIÓNS PROVISIONAIS E MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN O DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE DO CURSO 2019-2020

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES ILLA DE ONS

    1. Sobre a 3º avaliación

        1.1. Durante o terceiro trimestre o IES Illa de Ons continuarán coa atención educativa ao alumnado, desenvolvendo actividades que permitan aos alumnos e alumnas manterse incorporados á aprendizaxe continua e suscitar o seu interese por aprender.

        1.2. Ditas actividades estarán adaptadas á idade e características do alumnado, así como á situación excepcional que están a vivir. As actividades lectivas que se desenvolvan durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020 deberán combinar de maneira integrada as actividades a distancia e as presenciais que puideran levarse a cabo, segundo evolucione a situación sanitaria.

        1.3. Coa finalidade de axudar ao alumnado a organizar as súas actividades escolares, autorregular a súa aprendizaxe e manter un bo estado emocional e co fin de favorecer a  axeitada atención ao alumnado con necesidades educativas especiais, modificaran se os horarios e o modelo de titoría para adaptarse a estas novas circunstancias de atención o alumnado. Este novo horario se trasladara o alumnado e as familias a través dos canles de comunicación establecidos; Abalar e correo @iesillaons.com.

        1.4.  A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter diagnóstico e formativo. Para elo establécense os seguintes criterios para os contidos a traballar durante a 3ª avaliación:    
            ▪ Selección de contidos mínimos da terceira avaliación e tarefas ou traballos de consolidación dos contidos mínimos da 1ª e 2ª avaliación susceptibles de ser obxecto de exame presencial a finais de maio ou xuño.
            ▪ Cambio metodolóxico cara á unha dinámica de aula telemática.
            ▪ Adaptación de criterios e instrumentos de avaliación dos contidos mínimos seleccionados e a metodoloxía telemática proposta (tarefas ou proxectos avaliables).
            ▪ Proporcionalidade e equilibrio na achega de tarefas ao alumnado. Incentivar o contacto telemático co alumnado. 

        1.5.  O profesorado do IES Illa de Ons achegará os contidos e tarefas propostas ao alumnado a través das plataformas virtuais educativas das que dispón o centro (EDIXGAL, CLASSROOM, MAIL @iesillaons.com, e ferramentas de teledocencia). Enviaráselle un horario  por correo electrónico ás familias é ó alumnado.
        1.6.  Desde a Consellería de Educación infórmannos de que tentará, sempre que a situación sanitaria o permita, que o noso alumnado poida volver ás aulas antes de que o curso 2019-20 se dea por rematado. Uns días que lles dean a oportunidade de volver a atoparse cos seus compañeiros e os seus docentes e recoñecer o labor destes na súa aprendizaxe.

        1.7. A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas.

        1.8.  Ate o día de hoxe non se ten aínda norma algunha que regule os criterios de promoción e titulación do alumnado nas actuais circunstancias.   

    2. Comunicación cuestións académicas e dificultades clases telemáticas. 

        2.1. Recordade que o principal medio de comunicación coas familias e entre a comunidade educativa é o mail do centro: @iesillaons.com. e a aplicación ABALAR MOBIL. A través de ambas ferramentas contactarase cos titores/as dos distintos grupos. Outros contactos:
CONTACTOS
 CUESTIÓNS ACADÉMICAS
 Correos titores/as
 xefaturadeestudos@iesillaons.com

CUESTIÓNS TÉCNICAS PLATAFORMAS
 iesillaons@iesillaons.com

OUTRAS CUESTIÓNS
 dirección@iesillaons.com  

 2.2. Achégase nos seguintes enlaces información deste servizo ABALAR MÓVIL:
            ▪ Guía uso familias: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_familias_-_novo_espazoabalar_galegov2.2.pdf
         

   ▪ Acceso ao servizo: https://www.edu.xunta.es/abalar/PaxinaMensaxe.do?mensaxe=comun.mensaxe.logout

HORARIO

( categories: )