MUSICAL MISERÁBEIS

30/10/2019 21:00
30/10/2019 21:00
Etc/GMT+1

O musical Miserábeis fai unha revisión contemporánea e feminista, integramente en lingua galega, da novela do escritor francés Victor Hugo. A historia transcorre na Francia do séc. XIX e das revolucións de 1830 con referencias a temas actuais como a loita pola liberdade, a desigualdade social, a coraxe ou a revolución do pobo. Este espectáculo, galardoado co Premio de Innovación Educativa en dinamización lingüística (2018-19) da Xunta de Galicia, ofrece unha adaptación teatral e musical propia, que concentra en escena a máis de medio centenar de membros da comunidade educativa -profesorado, alumnado entre 12 e 16 anos, persoal non docente…-, nunha aposta única dende o ensino público para educar na igualdade dende unha aprendizaxe cooperativa e interdisciplinar.