Recomendámosche

Concurso de relatos e certame fotográfico

     A Biblioteca, en colaboración coa ANPA e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, está a promover dous concursos dirixidos ao alumnado do IES Illa de Ons:

  • Un concurso de relatos para conmemorar o Día das Letras Galegas e homenaxear a Mª Victoria Moreno.
  • Un certame fotográfico co fin de seleccionar unha serie de imaxes que ilustrarán un calendario para o vindeiro curso.

     Aquí tedes os carteis promocionais coas bases dos dous concursos.

VISITA AO XVIII SALÓN DO LIBRO

24/03/2017 08:00
Etc/GMT+1

     O venres 24 de marzo visitaremos, cos alumnos e alumnas de 1º ESO e o alumnado de 4º ESO matriculado na materia de Artes Escénicas, o XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano leva por lema "O mundo que queremos". A organización do Salón quixo tratar nesta ocasión temas como o coidado do medio ambiente, a saúde, a integración e a igualdade. Todas esas accións que podemos levar a cabo a diario, aportando o mellor de nós mesmos e dos nosos coñecementos na medida que formamos parte da sociedade na que vivimos, son as que busca "O mundo que queremos".

     Aproveitando esta saída, e no mesmo Pazo da Cultura de Pontevedra, veremos a obra de teatro "Normas para saber vivir na sociedade actual" de Sarabela Teatro.

 

CULTURGAL 2016

01/12/2016 18:26
Etc/GMT+1

http://ocioengalicia.com/pontevedra/wp-content/uploads/sites/3/2013/10/Culturgal-17.jpg

 

WEB CULTURGAL 2016

Novo libro "COUSAS DE NENOS"

Última adquisición da biblioteca do IES ILLA DE ONS.

O coautor Óscar Rodríguez é profesor do noso centro, Noraboa!!!

 

 

CONCERTO DIDÁCTICO: IMOS Á BANDA !

11/04/2013 11:00
Etc/GMT+1

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO

O xoves  IMOS Á BANDA. Saímos, segundos e terceiros de ESO, ás nove da mañá cara a Santiago para escoitar á Banda Municipal de Música e a Alejandro Szabo co seu bandoneón. As composicións serán de M. Morés, A. Piazzola e C. Gardel. Contamos estar de volta para coller os autobuses das 14:25. Imos coa música a outra parte.

BANDONEONISTA: ALEJANDRO SZABO

Libros para disfrutar

" O MUIÑEIRO OUVEADOR"

 Cando Gunnar Huttunen aparece nunha vila perdida de Laponia e decide
mercar e pór en funcionamento o vello muíño que hai á beira do río
Kemi, os labregos da veciñanza rinse del. Só a un tolo se lle ocorrería
afrontar semellante proxecto. E aínda que deberán renderse á evidencia
do éxito da empresa, aquel extravagante individuo, capaz de engaiolar
durante veladas enteiras aos rapaces da aldea coas súas imitacións de
animais e de veciños, revela un defecto que os fará reafirmarse no seu
primeiro diagnóstico: nos momentos de tristura Gunnar –Kunnari para os
veciños– ouvea. As noites pasadas en vela polos aldeáns por causa dos
ouveos serviranlles de pretexto para intentar encerrar nun manicomio o
imprevisíbel muiñeiro. Porén, Gunnar, axudado pola adorábel Sanelma
Käyrämö, tratará de defender a súa liberdade con todas as forzas.
Arto Paasilinna (Kittilä, Finlandia, 1942) foi gardabosques, xornalista
e poeta antes de converterse en novelista de culto no seu país, onde
cada novo libro seu (xa máis de trinta) se vende por milleiros. A súa
escrita, limpa e precisa, ten a capacidade de contar de forma cómica as
historias máis tráxicas e desconcertantes, que ambienta sempre nunha
natureza vista con respecto e amor, e protagonizadas polos seus
prototipos de homes finlandeses, algo anárquicos e individualistas. O
muiñeiro ouveador é o segundo libro de Paasilinna editado por
Rinoceronte.

 

"O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIA NOITE"

Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e
matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números
primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras
persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por
unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para
descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte
nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e
desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e
ordenada.


Pequeno resumo da editorial Rinoceronte, editora deste marabilloso libro , que non debemos deixar  de ter  nas nosas mans.

 

Distribuir contido