Convocatoria de asemblea ANPA A Moraima 2021-11-15

Enviado por Secretaría o Mar, 09/11/2021 - 09:51

 

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Calquera pai/nai/titor legal dun alumno/a do centro, poderá realizar peticións nas  asembleas, expoñer calquera queixa, suxestión, etc. En calquera caso, os non asociados  asistirán a asemblea con voz pero sen voto.

          Data:  Luns, 15 de Novembro de 2021.

Hora: 17 h en primeira e única convocatoria.

Lugar: Salón de actos do IES Illa de Ons.

ORDE DO DÍA:

1) Lectura da acta anterior.

2) Propostas de actividades para o curso 2021-22..

3) Número de socios actual e estado da conta.

4) MOI IMPORTANTE. Propostas de candidaturas para novos membros da directiva.  E moi importante que se presenten novos membros, xa que pola contra, en xuño disolverase a ANPA porque a directiva actual xa non estará no centro o vindeiro curso

5) Quenda de intervencións.

Animámosvos a participar e agradecemos de antemán a vosa colaboración para difundir esta convocatoria entre os vosos coñecidos

Bueu, 09 de Novembro de 2021

A Xunta Directiva

 

( categories: )