Convocatoria de asemblea ANPA A Moraima 2022-03-28

Enviado por Secretaría o Xov, 24/03/2022 - 10:18

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA

XERAL EXTRAORDINARIA

Calquera pai/nai/titor legal dun alumno/a do centro, poderá realizar peticións nas  asembleas, expoñer calquera queixa, suxestión, etc. En calquera caso, os non asociados  asistirán a asemblea con voz pero sen voto.

 

Data:  Luns, 28 de marzo de 2022.

Hora: 18 h en primeira e única convocatoria.

Lugar: Salón de actos do IES Illa de Ons.

ORDE DO DÍA:

1) Lectura da acta anterior.

2) MOI IMPORTANTE: Propostas de candidaturas para novos membros da directiva.  E moi importante que se presenten novos membros, xa que pola contra, en xuño disolverase a ANPA porque a directiva actual, xa non estará no centro o vindeiro curso.

3) No caso de non presentarse ninguén para a directiva, procuraranse opcións para investir os cartos que se teñen de fondo.

5) Quenda de intervencións.

Animámosvos a participar e agradecemos de antemán a vosa colaboración para difundir esta convocatoria entre os vosos coñecidos

 

Bueu, 22 de Marzo de 2022.

A Xunta Directiva

( categories: )