CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Enviado por Secretaría o Ven, 15/01/2021 - 06:15

ANPA A MORAIMA

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Calquera pai/nai/titor legal dun alumno/a do centro, poderá realizar peticións nas asembleas, expoñer calquera queixa, suxestión, etc. En calquera caso, os non asociados asistirán a asemblea con voz pero sen voto.


Data: Venres 22 de xaneiro de 2021.
Hora: 18:00 h en primeira e única convocatoria.
Lugar: Vídeo conferencia mediante a aplicación Google Meet.

As persoas interesadas deberán enviar unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono da ANPA (655 76 04 69)

ORDE DO DÍA:


1) Presentación das novas incorporacións á Xunta Directiva
2) Distribución de funcións da nova Xunta Directiva
3) Quenda de intervencións.

Animámosvos a participar e agradecemos de antemán a vosa colaboración para difundir esta convocatoria entre os vosos coñecidos.

( categories: )