Educación física e deportiva

ESCALADA EN DONÓN

Enviado por Anónimo o Mér, 24/04/2013 - 17:30
23/04/2013 00:00
23/04/2013 18:30
Etc/GMT+1

Un ano máis saímos a Donón a escalar. Despois de mes e medio de duro traballo de escalada no ximnasio do centro, o alumnado de 4º disfrutou dunha xornada completa en contacto coa natureza escalando en rocha. Alí puxeron en práctica todo o traballo de interior no rocódromo do noso ximnasio: poñerse correctamente o arnés, encordarse co nó de oito, asegurar ó compañeiro, rapelar, manexar correctamente os elementos de retención (oito e gri-gri), así como todo o aprendido sobre a técnica eficaz de desprazamento na vertical ó escalar. A xornada foi dura pero mereceu a pena. Esperemos que todo isto sirva non só para crear afición por este fermoso deporte  senón tamén para que todos valoremos máis o importante entorno natural que nos rodea.

Para ver  todas as fotos preme na ligazón seguinte:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesillaons/galeria/thumbnails.php?album=32

INICIO DO TORNEO DE BÁDMINTON

Enviado por Anónimo o Mér, 10/04/2013 - 16:33
09/04/2013 11:20
09/04/2013 17:26
Etc/GMT+1

UN ANO MÁIS TEN LUGAR NO NOSO CENTRO O XA TRADICIONAL "TORNEO DE BÁDMINTON". ESTE ANO TEMOS CÁSEQUE 40 PARTICIPANTES E OS PARTIDOS TERÁN LUGAR OS MARTES E XOVES PARA 1º CICLO E OS MÉRCORES E VENRES PARA 2º CICLO. A ALTA PARTICIPACIÓN DEMOSTRA QUE ESTE DEPORTE VAI EN AUMENTO NO ILLA DE ONS. SORTE A TODOS OS PARTICIPANTES!!

SEMANA BRANCA 2013

Enviado por Anónimo o Sáb, 16/03/2013 - 19:19
18/03/2013 10:00
22/03/2013 21:00
Etc/GMT+1

Un ano máis volveremos a Pajares para esquiar un pouco. Non esquezades que a hora de saída é ás 10:00 no instituto. Todos os participantes deben levar a Tarxeta Sanitaria e o DNI. Ademais tendes que lembrar que hai que levar toallas e o bocata para a viaxe (ou cartos para comer onde paremos). Por outra banda e dado que imos a ter mal tempo é especialmente importante levar gafas de ventisca, luvas de esquí, buff para o pescozo e crema protectora así como cacao para os beizos. Aquí vos queda un enlace para ver o tempo na localidade de Villamanín (que está moi preto da estación). Ánimo que xa queda menos. Vémonos o luns.

http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/municipios/villamanin-id24901

Espeleoloxía.Caurel

Enviado por admin o Lun, 04/03/2013 - 19:44

Preme na ligazón inferior  para ver as imaxes da cova da ceza e da ruta ao Formigueiro e devesa da Rogueira.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesillaons/galeria/thumbnails.php?album=29

Espeleoloxía.Caurel

CARREIRA SOLIDARIA. DECEMBRO 2012

Enviado por admin o Mér, 16/01/2013 - 15:35

Podedes visualizar o resto das imaxes premendo na ligazón inferior.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesillaons/galeria/displayimage.php?album=26&pos=18

CARREIRA SOLIDARIA. DECEMBRO 2012

TORNEO DE BÁDMINTON

Enviado por Anónimo o Xov, 14/06/2012 - 16:12
14/06/2012 17:00
Etc/GMT+1

Hoxe rematou o torneo de bádminton para o alumnado de 2º curso. Nesta ocasión e debido á falta de tempo tivemos que facer un torneo algo curto pero pagou a pena. Participaron 10 alumnos e houbo un gran nivel, ata o punto de que para o 2º e 3º postos a cousa estaba tan igualada que houbo que xogar unha partida final para desempatar. O resultado final da clasificación foi o seguinte:


1º Yoel Loira Barros (2ºA)


2º Marcos Guerra Vilas (2ºA)


3º José López Otero (2ºB)


Noraboa ós tres e tamén ó resto dos participantes!!!

Actividade de rafting

Enviado por admin o Mar, 05/06/2012 - 08:00
06/06/2012 14:30
06/06/2012 21:00
Etc/GMT+1

POIS UN ANO MÁIS CHEGOU A CITA DO RAFTING E AÍ ESTAREMOS NÓS, EN TOTAL 41 ALUMNOS E ALUMNAS, XUNTO AO PROFESOR ANTONIO OMIL, E O PROFESOR  ANTÓN GUITIÁN. NESTA OCASIÓN VOLTAMOS Ó RÍO MIÑO PRETO DA LOCALIDADE DE ARBO ONDE OS AMIGOS DA EMPRESA "ARREPIÓNS" NOS AGARDAN PARA CONDUCIRNOS AUGAS ABAIXO A BORDO DAS BALSAS. COMO VEN SENDO HABITUAL HABERÁ CAÍDAS, SALTOS NOS RÁPIDOS, ABORDAXES... EN FIN, TODO O QUE UNHA BOA XORNADA DE RAFTING QUE SE PRECIE DEBE INCLUÍR. E AÍ VAI UNHA FOTO DOUTROS ANOS QUE ASÍ O ATESTIGUA:

SEMANA BRANCA 2012

Enviado por Anónimo o Sáb, 24/03/2012 - 17:44
26/03/2012 11:30
30/03/2012 21:00
Etc/GMT+1

O vindeiro luns ás 11: 30 está prevista a saída para a semana branca deste ano 2012. O lugar de recollida do autobús será a rúa Ramón Bares 64, á altura da torreta de telefónica. Lembramos a todos que hai que ter en conta o adianto da hora do sábado para o domingo, non vaia ser que alguén se esqueza. Asimesmo lembrámosvos tamén que é preciso levar o DNI e a tarxeta sanitaria. O regreso para o día 30 está previsto para despois de comer sobre as 15:30 así que non contamos con estar en Bueu antes das 20:30, pero bueno, para eso está o teléfono móbil, non? Saúdos a todos e ata o luns.

ESCALADA EN DONÓN 2012

Enviado por Anónimo o Sáb, 24/03/2012 - 17:33
01/03/2012 09:00
01/03/2012 18:00
Etc/GMT+1

O pasado 1 de marzo tivo lugar en Donón a tradicional actividade de escalada. Un ano máis o alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de poñer en práctica todo o aprendido e traballado no ximnasio durante as semanas previas. Se ata entón tiveron que  trepar en rocódromo e aprender a manexar as cordas, os mecanismos de retención e o nó empregado para encordarse, en Donón tiveron que aplicar todo o aprendido á roca granítica que caracteriza a paisaxe da nosa costa. Escalar, asegurar ó compañeiro, rapelar... todo iso no fermoso entorno dos acantilados de Donón e co monte Facho en fronte. Que máis se pode pedir!!

CARREIRA DE ORIENTACIÓN E SENDEIRISMO

Enviado por Anónimo o Xov, 22/12/2011 - 17:05
24/11/2011 09:00
24/11/2011 18:30
Etc/GMT+1

O pasado día 24 de novembro tivo lugar a actividade de Carreira de Orientación no Lago de Castiñeiras. Deste xeito os nosos alumnos de 3º poñían en práctica todo o aprendido no instituto sobre este deporte durante as semanas previas á actividade.


 


Despois dunha dura proba por equipos na que os mellores clasificados rondaron un tempo de 55', chegou o momento do xantar para repoñer forzas antes de continuar.



A continuación comezamos o paseo que nos levaría do Lago de Castiñeiras ata  Moaña ó longo da GR-59 durante o primeiro tramo:



e despois pola Rota da Fraga onde camiñamos a carón do fermoso río da Fraga e dos seus muíños



ata rematar en Moaña a onde algúns e algunhas chegaron xa bastante averiados. Non sei que fan en clase de Ed.Física que non teñen aguante ningún...

Distribuir contido