Deportes

IRIA RODRÍGUEZ IGLESIAS, MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FREESTYLE

Enviado por Secretaría o Mér, 02/06/2021 - 04:56
 
A alumna Iria Rodríguez Iglesias, de 4º de ESO, participou o día 21 de Maio no Campionado de España de Taekwondo na modalidade de Freestyle.
 
Iria competíu representado á selección Galega e logrou na categoría de Quinteto +12 anos a medalla de bronce xunto cos seus catro compañeiros do Clube Hebe de Moaña.
 
Sen dúbida foi unha posición moi meritoria xa que competía con deportistas de +18 anos.
 
Un éxito no seu debut nacional.
 
 

VIAXE Á SERRA DO COUREL

Enviado por Anónimo o Lun, 20/10/2014 - 17:32
22/10/2014 09:00
24/10/2014 19:30
Etc/GMT+1

Coma en anos anteriores volvemos ó Courel. Os vindeiros días 22,23 e 24 de outubro disfrutaremos duns días de pleno contacto coa natureza na nosa querida montaña luguesa. Nesta ocasión introducimos algúns cambios na actividade. Por unha banda pasaremos alí non unha, senón dúas noites. Isto vainos permitir integrarnos máis na cultura courelá e facer algo máis de actividade: a visita o "Pregamento de Campodola" e ó Museo Xeolóxico de Quiroga. Pola outra despois de varios anos visitando a Cova da Ceza, nesta ocasión probaremos o deporte da espeleoloxía na cova de Cortiñas que anque non ten río dentro ofrécenos máis formacións calizas no seu interior. Coma sempre, ademais do fermoso deporte das profundidades, visitaremos a Devesa da Rogueira, subiremos ó monte Formigueiros e lembraremos o deporte da carreira de orientación practicado en 3º cunha proba de orientación nocturna. Por suposto visitaremos a localidade do Cebreiro. Mañá martes remataremos os preparativos durante a clase de E.F. e o mércores  de mañá marcharemos os 22 participantes (19 alumnos e 3 profes) cara as terras de Novoneyra. O éxito da actividade está asegurado.

 

ESCALADA EN DONÓN

Enviado por Anónimo o Mér, 24/04/2013 - 17:30
23/04/2013 00:00
23/04/2013 18:30
Etc/GMT+1

Un ano máis saímos a Donón a escalar. Despois de mes e medio de duro traballo de escalada no ximnasio do centro, o alumnado de 4º disfrutou dunha xornada completa en contacto coa natureza escalando en rocha. Alí puxeron en práctica todo o traballo de interior no rocódromo do noso ximnasio: poñerse correctamente o arnés, encordarse co nó de oito, asegurar ó compañeiro, rapelar, manexar correctamente os elementos de retención (oito e gri-gri), así como todo o aprendido sobre a técnica eficaz de desprazamento na vertical ó escalar. A xornada foi dura pero mereceu a pena. Esperemos que todo isto sirva non só para crear afición por este fermoso deporte  senón tamén para que todos valoremos máis o importante entorno natural que nos rodea.

Para ver  todas as fotos preme na ligazón seguinte:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesillaons/galeria/thumbnails.php?album=32

INICIO DO TORNEO DE BÁDMINTON

Enviado por Anónimo o Mér, 10/04/2013 - 16:33
09/04/2013 11:20
09/04/2013 17:26
Etc/GMT+1

UN ANO MÁIS TEN LUGAR NO NOSO CENTRO O XA TRADICIONAL "TORNEO DE BÁDMINTON". ESTE ANO TEMOS CÁSEQUE 40 PARTICIPANTES E OS PARTIDOS TERÁN LUGAR OS MARTES E XOVES PARA 1º CICLO E OS MÉRCORES E VENRES PARA 2º CICLO. A ALTA PARTICIPACIÓN DEMOSTRA QUE ESTE DEPORTE VAI EN AUMENTO NO ILLA DE ONS. SORTE A TODOS OS PARTICIPANTES!!

CARREIRA SOLIDARIA. DECEMBRO 2012

Enviado por admin o Mér, 16/01/2013 - 15:35

Podedes visualizar o resto das imaxes premendo na ligazón inferior.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesillaons/galeria/displayimage.php?album=26&pos=18

CARREIRA SOLIDARIA. DECEMBRO 2012
Distribuir contido