Educación física e deportiva

TAEKWONDO

Enviado por toño o Xov, 15/12/2022 - 17:59
15/12/2022 22:41
Etc/GMT+1

Entre os días 3 e 6 de decembro tivo lugar en Alacante o "Campionato de España de Taekwondo por clubes 2022"

E nese campionato participou a nosa querida alumna Nuria Rodríguez Iglesias de 3ºA acadando dúas medallas:

  • Bronce en freestyle individual  -17
  • Ouro en freestyle quinteto  +12

Dende o Illa de Ons a nosa noraboa e moito ánimo para seguir practicando taekwondo. Parabéns Nuria!!

Nota: se revisades o historial desta páxina veredes que Nuria segue a tradición familiar pois xa a súa irmá Iria amosaba o seu alto nivel no mundo do taekwondo coa súa participación no Campionado de España no ano 2021...

Andaina Ermelo - Paralaia

Enviado por toño o Dom, 09/10/2022 - 07:04
09/10/2022 11:45
Etc/GMT+1

Anque inicialmente programada para o día 19 de setembro, o pasado 3 de outubro tivo lugar a tradicional andaina co alumnado de 1º polos montes de Ermelo e a Paralaia. Acompañados por un grupo de 7 profesores e coa participación case completa do novo alumnado, a xornada transcorreu sen incidencias e desfrutando dun día propio do verán.

Aquí os tedes, camiño da Paralaia. Había fame e subían con gañas de chegar para xantar.

E aquí están, coa ría de Vigo ás costas.

Despois de xantar comezamos o descenso a carón do río Bispo

E xa chegando a Bueu, pasando por algúns muíños

 

 

Esquiando en Leitariegos!!

Enviado por toño o Dom, 13/03/2022 - 18:03
13/03/2022 22:55
Etc/GMT+1

Despois de dous anos de parón a causa da pandemia, a nosa rapazada volveu desfrutar da neve na estación invernal de Leitariegos. Desta volta participaron 56 alumn@s (1/3 do noso centro!!), bastantes máis que ningún outro ano. Aquí van algunhas fotos:

Semana Branca 2022

Enviado por toño o Xov, 10/02/2022 - 16:58
10/02/2022 21:49
Etc/GMT+1

A tres semanas da viaxe a Leitariegos a principal preocupación é que teñamos neve. A día de hoxe a estación está funcionando e anque só hai neve nas pistas principais, impártense cursos con certa normalidade. Aquí vai unha foto do martes 8 (hai 2 días)

E na previsión metereolóxica parece que poida haber nevadas entre o domingo  13 e o luns 14.

Como vedes hai posibilidade de nevada neses días a partir de 1000-1100m de altitude, e a estación está entre os 1500m e os 1800m.

A ver se temos sorte. Ánimo rapaces!!

 

 

RAFTING NO MIÑO

Enviado por toño o Mér, 08/06/2022 - 17:12
31/05/2022 17:00
Etc/GMT+1

E voltamos á normalidade post-COVID retomando o tradicional rafting de final de curso. Despois de 2 anos acudimos á nosa cita anual co  río, o "pai Miño" para desfrutarmos coas súas augas e co seu verdor.

E alí estaba o alumnado de 3º e 4º do Illa de Ons cumprindo co ritual

Berrando, cantando e saltando ó río

 

 

Roteiro polo Monte Faro de Domaio

Enviado por toño o Lun, 23/05/2022 - 18:25
23/05/2022 23:18
Etc/GMT+1

O pasado 13 de maio o alumnado de 1º saíu de novo ó monte. O autobús deixounos no Chan da Armada e dende alí camiñamos ata o Chan da Arquiña e ós seus miradoiros.

Tamén nos achegamos ó miradoiro do monte Faro de Domaio

No Courel

Enviado por toño o Sáb, 02/04/2022 - 08:47
02/04/2022 13:33
Etc/GMT+1

Despois de dous anos de parón voltamos ó Courel. Os pasados 30, 31 de marzo e 1 de abril, o alumnado de 4º achegouse alá para practicar espeleoloxía e algo de montaña nesta fermosa serra. Mirádeos xusto antes de entrar na cova de Cortiñas

E mirádeos agora xusto ó saír un par de horas despois. Xa non están tan limpiños, verdade?

Ademais de coñecer o Courel baixo terra, tamén chegaron ó mais alto, ó cume do pico Formigueiros, que cos seus 1639m é o teito do Courel. Reparade ben na foto. Non é que sexan formaliños, o que pasa é que están conxelados. Facía un frío!!!

E aí van descendendo cara a mítica Devesa da Rogueira. 

RCP no Illa de Ons

Enviado por toño o Lun, 21/03/2022 - 17:24
21/03/2022 22:18
Etc/GMT+1

O noso alumnado de 3º e 4º non para!! Agora están empeñados en salvar vidas. Mira ti que cousa!! E para iso nada mellor que practicar, practicar e practicar sen descanso. Aquí tedes a algúns de 4º en plena faena

E tamén estes de 3º

 

En 2022 tamén escalamos!!

Enviado por toño o Lun, 21/03/2022 - 17:05
21/03/2022 21:54
Etc/GMT+1

Por suposto que escalamos!! Un ano máis o alumnado de 4º subiu polas paredes. E como subían!! Mirade senón esta imaxe con Víctor no máis alto do noso rocódromo, e sen mans Sorprendido

Tamén ó máis alto chegou Laura, sen medo, e demostrando o nivelassso das rapazas do Illa de Ons. Mirade, mirade

E aquí tedes ó dúo que máis enganchou coa escalada: Pablo e Víctor. Estes non perderon oportunidade. Menudo par de Ghabeators!!

E todo con moita seguridade, como nos demostra Víctor. Que profesional!!

Andaina ó Liboreiro

Enviado por toño o Lun, 27/12/2021 - 18:12
27/12/2021 22:48
Etc/GMT+1

Aproveitando que os dous últimos días de clase antes do nadal a chuva deunos un respiro, visitamos o monte Liboreiro. Cos seus 334 m de altura, restos dun poboado castrexo e unhas fermosas vistas, este cumio fai de límite natural e municipal co veciño concello de Cangas. E claro, sendo así, o alumnado do IES ILLA DE ONS tiña que ir ata alá para comprobar que... bueno, pois que todo estaba no seu sitio e que ninguén movera os marcos. Aquí tedes unha foto do alumnado de 3º o luns 20 de decembro de 2021

E aquí tedes ós de 4º o martes 21 de decembro de 2021

Algúns pasárono ben. Outros dixeron aquilo de "Nunca Máis" e prometeron non erguerse da cama ata Noiteboa!! Veredes como na seguinte saída volven picar e saen nas fotos outravolta...

 

 

Distribuir contido