Educación física e deportiva

Bádminton en 2º

Enviado por Anónimo o Mar, 02/03/2021 - 16:44
02/03/2021 19:39
Etc/GMT

O comezo nun deporte novo non adoita ser doado. E iso é o que lles está a pasar ó alumnado de 2º co bádminton. A moit@s cústalles atinar coa raqueta nese chisme tan curioso que parece unha pelota con saia. Paciencia, nun par de días estará dominado.

Pero onde está o meu exame??

Enviado por Anónimo o Mar, 02/03/2021 - 16:38
02/03/2021 19:32
Etc/GMT

Que o profe veña co teu exame corrixido é unha cousa, pero que cada quen teña que atopar o seu exame na outra punta do ximnasio e vir de volta axiña antes que os demais porque o último "paga prenda"...iso xa é outra cousa!! E se non que llo digan a estes de 1º !!

Escalada

Enviado por Anónimo o Mér, 17/02/2021 - 16:27
17/02/2021 19:19
Etc/GMT

O alumnado de 4º entra na fase final da unidade adicada á escalada. Despois de traballar en espaldeiras e no rocódromo baixo, agora toca aplicar todo o aprendido. Nesta primeira foto poñen os arneses e aplican o "double check" que ven sendo que cada un revisa o seu arnés pero tamén o do outro (vamos, que catro ollos ven máis que dous...)

 

Nesta outra podedes ver a Geovanni  descendendo despois de chegar arriba sen dificultades

Floorball en 1º ESO

Enviado por Anónimo o Xov, 11/02/2021 - 15:46
11/02/2021 18:43
Etc/GMT

O alumnado de 1º segue a traballar duro co floorball (variante do hóckey) e pouco a pouco a cousa vai funcionando. Aquí os tedes quentando un pouco no comezo da sesión.

TORNEO TENIS DE MESA

Enviado por Anónimo o Mar, 02/02/2021 - 15:16
02/02/2021 17:43
Etc/GMT

Bueno pois unha vez máis tivo lugar o noso tradicional torneo de tenis de mesa. Nesta ocasión baixo unhas fortes medidas de participación no que a protocolo COVID se refire: raquetas particulares que non se prestan, desinfección de mans antes e despois de participar, etc. Desta volta non tivemos moita participación, pero si moita calidade. Os participantes foron: Adrián Davila, Pepe Blanco, Ángel Glez., Breixo Estévez, Óscar Veiga, Diego Fdez., Sandro García e Mateo Santomé. Despois dunha primeira e segunda rondas moi desputadas, a clasificación final quedou así:    

  1.      Mateo
  2.      Diego
  3.      Sandro
  4.      Breixo

Aquí queda unha foto para que non se diga

 

INFORMACIÓN BÁSICA DA PROGRAMACIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA 2020/2021

Enviado por admin o Dom, 25/10/2020 - 21:28

PREMA NO ADXUNTO PARA ACCEDER.

XORNADA DE XOGOS POPULARES

Enviado por Anónimo o Lun, 07/11/2016 - 18:59
07/11/2016 21:51
Etc/GMT+1

Este curso repetimos xornada de xogos populares. Ó longo do día 7 de novembro estivemos xogando cos trebellos  que Manolo Otero e os seus compañeiros nos trouxeron. Aquí tedes algunhas fotos

Andaina - Acampada

Enviado por Anónimo o Mér, 15/06/2016 - 16:58
10/06/2016 15:00
11/06/2016 12:00
Etc/GMT+1

Os pasados días 10 e 11 de xuño tivo lugar unha nova actividade do departamento de E.F. Ó remate das clases do venres 10, subimos a Chans xunto cos alumnos de 6º de primaria dos coles de Beluso, Cela, A Pedra e Ardán que o vindeiro curso compartirán instituto con nós. Alí xantamos e comezamos a andaina que nos había de levar polos montes do Morrazo pasando polo monte Paralaia e tamén por Ermelo. Dende alí baixamos pola beira do río Bispo ata chegarmos ó instituto. Aquí tedes algunha foto:

Pero o conto non rematou aí. Unha vez no instituto quedamos a pasar a noite nel !! Preparamos todo no ximnasio, duchámonos, ceamos e trouleamos ata as dúas e media da noite (a algúns aínda lles pareceu pouco). Era curioso ver o ximnasio convertido nun campamento. Mirade, mirade:

 

Pola mañá, despois de almorzar na sala de entrada do insti convertida en comedor, tivemos xogos populares. Non estivo nada mal...

En fin, pasámolo ben, e démoslle outro uso ó insti. Para rematar aquí vai unha foto dos alumnos do ILLA DE ONS que participamos. MENUDA TROPA!!

 

 

SENDEIRISMO - CABO HOME

Enviado por Anónimo o Mér, 01/06/2016 - 17:33
03/05/2016 09:23
03/05/2016 17:23
Etc/GMT+1

O pasado 3 de maio fixemos disfrutamos dunha nova andaina co alumnado de 1º ESO. Nesta ocasión comezamos en Vilanova-Aldán, subimos ó Facho de Donón e continuamos ata Cabo Home onde nos dimos o  1º baño da temporada na praia de Melide e xantamos no pinar.

Unha boa xornada  na compaña da boa xente do IES ILLA DE ONS.

Penúltima andaina do alumnado de 1º deste curso. Aínda queda unha máis, e será a mellor!!!

Distribuir contido