Andaina - Acampada

Enviado por Anónimo o Mér, 15/06/2016 - 16:58
10/06/2016 15:00
11/06/2016 12:00
Etc/GMT+1

Os pasados días 10 e 11 de xuño tivo lugar unha nova actividade do departamento de E.F. Ó remate das clases do venres 10, subimos a Chans xunto cos alumnos de 6º de primaria dos coles de Beluso, Cela, A Pedra e Ardán que o vindeiro curso compartirán instituto con nós. Alí xantamos e comezamos a andaina que nos había de levar polos montes do Morrazo pasando polo monte Paralaia e tamén por Ermelo. Dende alí baixamos pola beira do río Bispo ata chegarmos ó instituto. Aquí tedes algunha foto:

Pero o conto non rematou aí. Unha vez no instituto quedamos a pasar a noite nel !! Preparamos todo no ximnasio, duchámonos, ceamos e trouleamos ata as dúas e media da noite (a algúns aínda lles pareceu pouco). Era curioso ver o ximnasio convertido nun campamento. Mirade, mirade:

 

Pola mañá, despois de almorzar na sala de entrada do insti convertida en comedor, tivemos xogos populares. Non estivo nada mal...

En fin, pasámolo ben, e démoslle outro uso ó insti. Para rematar aquí vai unha foto dos alumnos do ILLA DE ONS que participamos. MENUDA TROPA!!