Educación física e deportiva

TORNEO DE BÁDMINTON 2015

Enviado por Anónimo o Dom, 26/04/2015 - 16:49
26/04/2015 19:38
Etc/GMT+1

Acaba de rematar o tradicional torneo de bádminton. Un ano máis o nivel técnico acadado foi moi alto e os expectadores poidemos disfrutar de momentos de gran intensidade e emoción. Os gañadores foron:

No 1º ciclo: 1ºXavier Pérez, 2ºPablo Sampedro, 3ºAarón Fandiño e 4ºFran Graña

No 2º Ciclo: 1ºDavid Riobó, 2º Chema López, 3ºAngel Paz e 4ºDamián Barreiro.

Semana branca 2015.Leitariegos.

Enviado por admin o Ven, 13/02/2015 - 06:18

Sermana branca na estación de esquí de Leitariegos.Saímos o día 1 e voltamos o venres 5 .

Soportamos un temporal de neve e frío e tamén esquiamos , aínda que non tanto como quixeramos.

CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN"

Enviado por Anónimo o Ven, 12/12/2014 - 19:28
19/12/2014 10:00
Etc/GMT+1

O vindeiro venres 19, derradeiro día lectivo do primeiro trimestre deste curso 2014-2015, terá lugar, nas inmediacións do noso instituto, a xa tradicional CARREIRA SOLIDARIA. Neste evento, o alumnado do ILLA DE ONS  e do JOHÁN CARBALLEIRA, correrán en favor dos nenos e nenas de MALI. Nos días previos os participantes buscarán patrocinadores entre os seus familiares e amigos solicitándolles unha pequena colaboración económica comprometéndose a cambio a participar na carreira. Os cartos recadados entre todos serán donados á organización SAVE THE CHILDREN que loita pola infancia de países desfavorecidos. A carreira non é competitiva, senón festiva, na que todos somos gañadores. VEN CORRER CON NÓS!!

VIAXE Á SERRA DO COUREL

Enviado por Anónimo o Lun, 20/10/2014 - 17:32
22/10/2014 09:00
24/10/2014 19:30
Etc/GMT+1

Coma en anos anteriores volvemos ó Courel. Os vindeiros días 22,23 e 24 de outubro disfrutaremos duns días de pleno contacto coa natureza na nosa querida montaña luguesa. Nesta ocasión introducimos algúns cambios na actividade. Por unha banda pasaremos alí non unha, senón dúas noites. Isto vainos permitir integrarnos máis na cultura courelá e facer algo máis de actividade: a visita o "Pregamento de Campodola" e ó Museo Xeolóxico de Quiroga. Pola outra despois de varios anos visitando a Cova da Ceza, nesta ocasión probaremos o deporte da espeleoloxía na cova de Cortiñas que anque non ten río dentro ofrécenos máis formacións calizas no seu interior. Coma sempre, ademais do fermoso deporte das profundidades, visitaremos a Devesa da Rogueira, subiremos ó monte Formigueiros e lembraremos o deporte da carreira de orientación practicado en 3º cunha proba de orientación nocturna. Por suposto visitaremos a localidade do Cebreiro. Mañá martes remataremos os preparativos durante a clase de E.F. e o mércores  de mañá marcharemos os 22 participantes (19 alumnos e 3 profes) cara as terras de Novoneyra. O éxito da actividade está asegurado.

 

TORNEO DE BÁDMINTON 2014

Enviado por Anónimo o Dom, 11/05/2014 - 17:48
11/05/2014 20:38
Atlantic/Bermuda

Rematou xa o tradicional torneo de Bádminton con grande éxito de participación. Anque debido ó avanzado do calendario vímonos forzados a facer un torneo "relámpago" este feito non restou calidade ó mesmo. Os resultados foron os seguintes:

1º Ciclo:        1º David Riobó.            2º J. Manuel López.          3º Joao Silva.          4º Ángel Paz.

2º Ciclo:        1º Yoel Loira.               2º Rubén Portela.             3º Saul Vidal.          4º Roberto Pastoriza.

Final torneo de tenis de mesa

Enviado por Anónimo o Mar, 21/01/2014 - 19:38
21/01/2014 21:18
Etc/GMT+1

Rematou xa o torneo de tenis de mesa. Este ano tivemos  un alto nivel de participación e unha alta calidade dos xogadores. Despois de varias semanas de torneo e tras o parón do nadal, aquí temos a clasificación final:

1ºCICLO:   1º - David Riobó     2º - Yerón Carballo    3º -  Fran Graña

2ºCICLO:   1º - Roberto Pastoriza     2º - Rubén Portela    3º - Saúl Vidal

 

Nas fotos de enriba podedes ver dous momentos das respectivas finais de 2º e 1º ciclo.

E nesta outra podedes ver ós 4 finalistas. De esquerda a dereita: Yerón Carballo, David Riobó, Roberto Pastoriza e Rubén Portela.

TORNEO DE TENIS DE MESA

Enviado por Anónimo o Mar, 03/12/2013 - 20:13
28/11/2013 22:00
03/12/2013 22:00
Etc/GMT+1

O pasado día 28 comezou o tradicional torneo de tenis de mesa que terá lugar durante os recreos. Nas vindeiras semanas disfrutaremos deste deporte onde algúns dos nosos alumnos son verdadeiros expertos. Unha vez rematado o torneo informaremos da clasificación final.

CARREIRA DE ORIENTACIÓN E SENDEIRISMO

Enviado por Anónimo o Mar, 03/12/2013 - 20:07
02/12/2013 21:00
Etc/GMT+1

Despois dun mes de duro traballo no instituto durante o cal aprendimos a manexar o compás (brúxula) e a interpretar o mapa, por fin chegou o momento de poñer en práctica o aprendido nunha carreira de verdade. Para eso nos desplazamos ó Lago de Castiñeiras onde algúns, os máis habilidosos, tardaron 59' en completar o percorrido. Outros tiveron que empregar algúns minutos máis.

 

 

 

Despois de xantar iniciamos a segunda parte da xornada, un fermoso pateo dende o lago ata Moaña. Para iso seguimos a PR59 ou Roteiro do Morrazo ata a área recreativa do Beque, en Moaña. Dende alí continuamos pola Ruta da Fraga ata chegar a Moaña.

Foron 5 horas de pateo ó longo do cal disfrutamos de boas panorámicas, multitude de especies vexetais e numerosos restos megalíticos como a Mámoa do Rei onde nos fixemos esta estupenda foto. Aí queda para a lembranza

Torneo de Bádminton

Enviado por Anónimo o Mér, 22/05/2013 - 17:32
21/05/2013 11:30
21/05/2013 11:35
Etc/GMT+1

O pasado día 21 de maio tivo lugar a entrega de premios do torneo de bádminton. Este ano houbo moita participación e o torneo alongouse durante todo o mes de abril. Ademais disfrutamos dun gran nivel técnico sobre todo nas fases finais do mesmo. Algúns xogadores xa participaran no torneo do curso pasado e isto notouse moito. Finalmente a clasificación quedou así:

1º CICLO:   1º/ David Riobó.  2º/ Damián Barreiro.   3º/ Rubén Portela   4º/ Juan Santos.

2º CICLO:   1º/ Yoel Loira.     2º/ Agustín Piñeiro.     3º/ José López.      4º/ Álvaro Omil.

Aquí tendes as fotos cos gañadores do torneo:

Natureza e Sendeirismo en Udra

Enviado por Anónimo o Mar, 14/05/2013 - 14:49
14/05/2013 11:30
14/05/2013 17:15
Etc/GMT+1

O martes 14 de maio estreamos nova actividade. Trátase dunha xornada variada na que participaron os departamentos de Ciencias, Ed. Física e Proxecto Interdisciplinar. A actividade comenzou en Punta Udra onde  Miguel, o monitor da aula da natureza, nos explicou diferentes aspectos das peculiaridades botánicas e faunísticas desta zona tan importante e tan próxima ó noso centro. Despois de xantar camiñamos ata Bueu ó longo da rota que percorre a costa pasando polas praias de Mourisca, Tulla e Sartaxéns. Xa en Bueu achegámonos ó Museo Massó onde as monitoras nos falaron sobre o importante papel que esta industria conserveira tivo na historia da Galiza en xeral e en concreto no Morrazo e en Bueu. Vimos máquinas, artes de pesca, embarcacións, fotos e vídeos procedentes da historia recente da nosa vila. Durante unha hora retrocedemos á historia dos nosos pais e avós pois só coñecendo de onde vimos poderemos comprender quen somos.

Distribuir contido