Educación física e deportiva

Camiñando por Campo Lameiro

Enviado por toño o Xov, 28/10/2021 - 08:19
28/10/2021 13:17
Etc/GMT+1

O pasado 7 de outubro o alumnado de 1º volveu saír ó monte (as cabras xa se sabe...). Nesta ocasión aproveitamos a visita ó Parque arqueolóxico de Campo Lameiro para, despois de xantar, camiñar polo roteiro PR-G 230  ata a área recreativa de Ponte Lodeiro, onde as augas do río Maneses se xuntan coas do Lérez.

 

Por fin recreos de verdade!!

Enviado por Anónimo o Sáb, 02/10/2021 - 14:16
02/10/2021 17:08
Etc/GMT+1

Volven os balóns ós recreos do Illa de Ons!! E con moi boa acollida polo que parece. Aquí tedes ó alumnado de 3º e 4º no voleibol

 

 

 

Camiñando por Ermelo e Paralaia

Enviado por Anónimo o Sáb, 02/10/2021 - 14:08
23/09/2021 17:02
Etc/GMT+1

Comeza o curso 2021-22 e as restriccións Covid afrouxan. Por suposto non iamos desaproveitar a ocasión de comezar ben cos novos inquilinos do Illa de Ons, o alumnado de 1º. Deste xeito, o pasado xoves 23 de setembro, unha semana despois do comezo das clases, botámonos ó monte!! Aquí estamos polos camiños de Ermelo

Eso si, para comer o bocata buscamos un bo sitio, con vistas. E chegamos ó Paralaia

IRIA RODRÍGUEZ IGLESIAS, MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FREESTYLE

Enviado por Secretaría o Mér, 02/06/2021 - 04:56
 
A alumna Iria Rodríguez Iglesias, de 4º de ESO, participou o día 21 de Maio no Campionado de España de Taekwondo na modalidade de Freestyle.
 
Iria competíu representado á selección Galega e logrou na categoría de Quinteto +12 anos a medalla de bronce xunto cos seus catro compañeiros do Clube Hebe de Moaña.
 
Sen dúbida foi unha posición moi meritoria xa que competía con deportistas de +18 anos.
 
Un éxito no seu debut nacional.
 
 

Torneo de Bádminton 2º ESO

Enviado por Anónimo o Mar, 11/05/2021 - 14:45
11/05/2021 17:39
Etc/GMT

Tamén finalizou o torneo de bádminton para o alumnado de 2ºESO. Este ano tivemos moi boa participación e boa proba delo foi o bo nivel dos catro finalistas. Aquí os vedes en acción:

A clasificación final quedou así: 

  1. Gael
  2. Marcos
  3. Alberto
  4. José Manuel

Aquí os tedes:

Parabéns a tod@s e grazas por participar!! Con xente coma vós todo o esforzo paga a pena.

Baloncesto 2º ESO

Enviado por Anónimo o Mar, 11/05/2021 - 14:35
11/05/2021 17:31
Etc/GMT

O alumnado de 2º estivo traballando nas pasadas semanas na Unidade Didáctica de Baloncesto. Aquí os vemos facendo prácticas de manexo de balón, cambios de man e percorridos en zig-zag.

Co baloncesto non o fixeron nada mal. Veremos que tal se lles da o voleibol para rematar o curso...

Torneo de Floorball

Enviado por Anónimo o Mar, 11/05/2021 - 14:26
11/05/2021 17:17
Etc/GMT

Xa rematou o torneo de floorball do alumnado de 1º. Sudando moito e coa mascariña posta o torneo foi indo adiante co esforzo de tod@s. Aquí tedes un par de imaxes en pleno xogo!!

E aquí tedes ós dous equipos que loitaron polo 3º e 4º postos  "Petardos" e "Los del B":

E aquí están os que chegaron á final: "Pollos Locos" e "La piña invencible"

A clasificación final quedou así:

  1. Pollos Locos
  2. La piña invencible
  3. Petardos
  4. Los del B
  5. T

Parabéns a tod@s e moitas grazas por participar!!

Rematando coa escalada

Enviado por Anónimo o Mar, 11/05/2021 - 14:12
11/05/2021 17:05
Etc/GMT

Pois por este ano xa vai chegando de escalada, que non todo vai ser ghabear!! E para que quede constancia aquí van un par de fotos de alumnas de 4º (Carmen trepando e Clara asegurando) no último día desta Unidade Didáctica de escalada.

E outras dúas de Andrés no "boulder" sen corda buscando a dificultade. E vaia se o conseguiu!!

E os profes tamén!!

Enviado por Anónimo o Mér, 24/03/2021 - 17:03
24/03/2021 19:51
Etc/GMT

Pois si, a algúns profes tamén lles ferve o cú por probar isto da escalada. E se non que llo digan a Óscar que non dubidou en poñer un arnés e tirar para arriba. Menudo "ghabeator"!!

Os de 1º tamén escalan!!

Enviado por Anónimo o Mar, 02/03/2021 - 16:48
02/03/2021 19:44
Etc/GMT

Nestas semanas o alumnado máis cativo do noso centro está convidado a probar o rocódromo durante os recreos. Algúns xa se achegaron a probar. Aquí tedes a Hugo Domínguez "todo cheo" despois de tocar a campaíña que temos colgada arriba.

Distribuir contido