A VOLTAS COA ESCALADA

Enviado por toño o Mar, 21/03/2023 - 18:38
21/03/2023 23:24
Etc/GMT+1

O alumnado de 4º segue sacando partido ó asunto da escalada. Aproveitando o aprendido no manexo de cordas e aparatos diversos, chegou o momento de ascender por corda aplicando o uso de bloqueadores empregada en espeleoloxía. E non se lles da nada mal!!

Aquí tedes a Emma toda chea a uns 6m de altura

E aquí está Alba no medio da faena e observada polas compañeiras dicindo "e esta tola que fai aí enriba??"

Por outra banda outros pelexan no rocódromo para sacar os pasos máis complexos, anque sexa escasamente a dúas cuartas do chan. Mirade a Alberto tentando solucionar o asunto e a Mateo e Marcos sen perder detalle

E aquí está Adrián situándose antes de pasar a latosa columna.

E claro, todos atentos para quedarse coa solución ó problema (se é que o consigue, claro...). Carla, que foi a primeira en conseguilo pensa: "Pero que raio fai este? A que agarda para cambiar o pé esquerdo??"

Pois á volta de S. Santa haberá que facer un torneo de escalada, non??