Skip to Content

Premio Buero de Teatro Joven á Mellor Actriz Escolar

O grupo Tuéjele

O IES Fernando Blanco está de noraboa en canto a premios de artes escénicas se refire, despois de gañar un Premio no Festival de Audiovisuais Olloboi, agora obtivo un premio de teatro.

Onte foi a cerimonia de entrega dos Premios Buero de Teatro Joven da Fundación Coca-Cola, nesa cerimonia que se desenvolveu no Ágora na Coruña, déronse a coñecer os Premios Especiais do Xurado.

O Premio Especial de Mellor Actriz Escolar foi para Elisa Lema Gómez que é membro do grupo de teatro Tuéjele do IES Fernando Blanco.

Este premio foille concedido pola súa interpretación de Marilín na obra Máldito saxo, adaptación da obra de Roberto Vidal Bolaño Saxo tenor.

Na cerimonia estivo acompañada por todos os membros de Tuéjele e polos seus profesores Marina, Fernando, Chelo e Sonia.

 

Parabéns Elisa!

A gañadora

 

Graduación de 2º de Bacharelato 2017/2018

Foto de grupo dos graduados

O 18 de maio celebrouse a cerimonia de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato no IES Fernando Blanco.

Cun salón de actos cheo de familiares do alumnado que se graduaba, ás 19:00 en punto comezou a cerimonia presentada por alumnas de 2º de bacharelato que foron dando paso a actuacións musicais, vídeos e discursos de alumnado que representaba a cada un dos tres cursos de 2º.Un momento da actuación musical

Aspecto do salón de actos antes do comezo do acto

Houbo un recordatorio especial para o alumnado de 2º que forma parte do grupo de teatro Tuéjele desde a súa fundación e que este ano o abandonan. Esta pequena homenaxe foi organizada polos membros que continúan no grupo e que de seguro van seguir mantendo o nivel tan alto que deixan os que se van.

O grupo Tuéjele, uns que marchan e outros que seguen

Tamén houbo unha intervención do pai dunha alumna que falou en nome das familias e da directora do IES Fernando Blanco. Ambos os dous salientaron a importancia que ten a educación para o desenvolvemento integral das persoas. Ademais de lembrar a importancia do legado de Fernando Blanco.

O representante das familias nun momento da súa intervenciónA directora do instituto durante o seu discurso

O acto continuou coa imposición das bandas aos graduados por parte dos titores e titoras.

Para rematar, o alumnado, familiares, profesorado e persoal non docente saíron aos xardíns do instituto onde había un photocall ademais de pinchos e refrescos.

 

 

 

Gañadores do Festival Audiovisual Olloboi 2018

O grupo gañador

Un grupo de alumnas e alumos do CM de Xestión administrativa e do CS de Administración e finanzas do IES Fernando Blanco, xunto coas súas profesoras Lucía Blanco e Helena Caamaño, participaron no Festival Audiovisual Olloboi 2018, que se celebra en Boiro.

En principio participaban con estes dous vídeos:

PODES SER TI

CONTIGO PERO SEN TI

Pero na mañá da entrega de premios, nun dos encontros do festival atopáronse con Miguel de Lira e Toño Chouza e, coa súa colaboración, decidiron facer unha peli sobre o téxtil e as mulleres de Boiro e presentárona a concurso. 

Atendendo ás indicacións de Miguel de LiraUn momento da rodaxeOutro momento da rodaxe

E resultou que foron os gañadores na modalidade de microcurtas. Esta é a peli:

MULLERES NO TÉXTIL - E punto!

PARABÉNS!

O que foi o Olloboi 2018, desde o xenial ollo de Pablo Chouza

Visita a STAC en Padrón

O grupo diante do edificio principal de STAC en Padrón

Un grupo de alumnado dos CM de Mantemento Electromecánico e de Instalacións electrotécnicas do IES Fernando Blanco, acompañados polos seus profesores Carlos Pérez e Diego Azpitarte, visitaron as instalacións que STAC (empresa do Grupo Cortizo) ten en Padrón.

Na visita puideron ver as instalacións da empresa e os diferentes procesos industriais que se desenvolven na mesma como inxección, mecanizado, lacado, pulido, zincado, estampación, fundición, etc.

Foi unha visita guiada na que lles explicaron o funcionamento de diversas máquinas e o proceso de fabricación dos produtos.

 

Día do Libro 2018

Un momento da representación

Para conmemorar o Día Internacional do Libro, o grupo de Teatro Tuéjele, do IES Fernando Blanco representou no salón de actos do centro En un lugar de la Mancha, unha pequena peza na que contou as súas experiencias durante a viaxe cultural que levou a cabo a principios de curso a Almagro.

Dunha maneira desenfadada, empregando o verso, os actores e actrices compartiron cos seus compañeiros diferentes anécdotas acontecidas durante a excursión, intercalando lecturas dramatizadas de fragmentos de clásicos da literatura española relacionados cos lugares visitados.

Asistiu á representación alumnado das diferentes ensinanzas que se imparten no centro.

Unha das lecturas dramatizadasOutro momento da actividade

Gran Final da VII Olimpíada Cultural O Saber Ten Premio

 

Os equipos participantes

O venres 13 de maio celebrouse no IES Fernando Blanco a Gran Final da VII Olimpíada Cultural O Saber Ten Premio. Na que participaron os tres equipos finalistas: Os Aforzunados, Triunfo e X.

Esta final constou de dúas partes:

A primeira parte, na que os tres equipos tiveron que contestar a 20 preguntas extraídas ao chou entre 970 preguntas elaboradas por todo o profesorado do centro, de todas as materias e de todas as ensinanzas que se imparten no IES Fernando Blanco, mediante un programa informático exclusivo do Fernando Blanco. Nesta primeira parte resultaron clasificados os equipos X con 15 puntos e Triunfo con 16.

Un momento do debate

A segunda parte consistiu nun debate sobre o tema É necesario celebrar o día de…?”, na que os dous equipos defenderon posturas opostas. Esta parte foi xulgada por un xurado composto por tres profesores e profesoras do centro.

Despois destas dúas partes resultou gañador do 1º premio desta VII Olimpíada Cultural o equipo Triunfo, composto por: Lucía Senra Lado, Lucía Oca Vázquez, Tania Lema Arias, Lucía Canosa Pequeño e Ana Oca Vázquez.

Triunfo, o equipo gañador

 

En 2º lugar quedou o equipo X, composto por: Manuel Soto Domínguez, Cristina Paz Insua, Brais Castro Lago, Alberto Castro Conde e Lucas Verdía Couto.

Os segundos clasificados, X

O 3º clasificado foi o equipo Os Aforzunados, composto por: Luis Lojo Baliña, Adrián Garea Fernández, Iago Lado de Pazos, Samuel Pequeño Rodríguez e Héctor Becerra Monteagudo.   

Os aforzunados

 

A gala estivo conducida polo xornalista corcubionés Fran Hermida Abelleira, contou cunha nutrida presenza de familiares do alumnado participante que, ademais, puideron asistir a varias actuacións musicais do alumnado e a proxección de vídeos coas actividades extraescolares e complementarias realizadas durante o curso.

O presentador Fran Hermida

Unha das actuacións

Tamén estivo presente a inspectora de educación dona Magdalena Duarte Blanco.

Nesta sétima edición participaron un total de 11 equipos que pasaron por varias eliminatorias ao longo do curso ata chegar tres equipos a esta Gran Final.

Prácticas de traballos en altura do alumnado dos ciclos de Instalacións electrotécnicas e de Mantemento electromecánico

O grupo participante

Alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Electrotécnicas e Automáticas e do Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico do I.E.S Fernando Blanco, acudiron ás instalacións que a empresa INAUDITA S.L ten no Polígono de Espírito Santo, no concello de Cambre, para realizar un curso de formación de “Traballos en altura no sector eléctrico” como complemento á súa formación.

Alí practicaron diferentes situacións reais como ascensos e descensos a distintos apoios e torres eléctricas, pás de aeroxeradores, etc. que se poden encontrar no seu inmediato futuro laboral. 

Asistiron 11 alumnos acompañados nesta ocasión pola profesora Rosalía López Insua.

Foi unha dura xornada de traballo e formación para todos, porén todos os participantes volverían repetila con sumo gusto.

Un momento das prácticasUn momento das prácticasUn momento das prácticas

1º Premio V Olimpíada Filosófica de Galicia

Os participantes do IES Fernando Blanco

A alumna de 1º de bacharelato do IES Fernando Blanco, María Lijó Pequeño resultou gañadora da V Olimpíada Filosófica de Galicia na modalidade de Fotografía Filosófica.

Momento de coñecer a gañadora

Esta Olimpíada filosófica foise desenvolvendo ao longo de 4 etapas que comezaron o día 12 de xaneiro e culminou hoxe, día 23 de marzo, na Facultade de Filosofía de Santiago onde as persoas seleccionadas realizaron unha defensa de 5 minutos, explicando como naceu a idea, cal foi o seu proceso de realización, cal foi o nivel de participación do alumnado e a axuda recibida polo profesorado á hora de levala a cabo.

Este primeiro premio consiste nunha viaxe a Cáceres para participar na Olimpíada Estatal os días 4 e 5 de maio de 2018, cos gastos pagados. 

Parabéns María!

Outra foto dos representantes do IES Fernando BlancoUn happening na rúa

Finalistas da VII Olimpíada cultural o saber ten premio

Como xa saberedes, temos os 3 equipos finalistas para a Gran Final da VII Olimpíada Cultural O saber ten premio.

Despois dunhas reñidas eliminatorias, como se pode deducir das puntuacións, os clasificados son:

X
Os aforzunados
Triunfo


Parabéns!

 

Un dos equipos deliberando durante as eliminatoriasPreparando o inicio dunha das eliminatoriasAgasallos que reciben todos os participantesOutro dos equipos participantesResultados eliminatoria 13-3-2018Resultados eliminatoria 14-3-2018Resultados eliminatoria 15-3-2018

 

Visita a Inditex e ao Banco de España

O grupo nas instalacións de Inditex en Arteixo

Un grupo de alumnado de 2º do CM de Xestión administrativa e de 2º de Bacharelato que cursa Economía da empresa, visitaron as instalacións da sede central de Inditex en Arteixo.

Aproveitando a viaxe, acercáronse ata A Coruña para ir ao Banco de España onde, ademais de ver as instalacións, lles deron unha charla sobre criptomoedas.

Por se volo estades preguntando: non, non lles deron ningunha mostra de diñeiro.

Fachada do Banco de España na CoruñaDurante a charla sobre criptomoedas

Distribuir contido


by Dr. Radut