Skip to Content

Alumnado admitido para cursar ESO ou Bacharelato no curso 2019-2020

Todo o alumnado que presentou solicitude de reserva ou de admisión, en prazo, para cursar ESO ou Bacharelato no IES Fernando Blanco no curso 2019-2020 resultou admitido.

Para calquera consulta poden dirixirse á secretaría do centro.

Gañadores do Dualiza 2019

Dualiza Bankia                                        FP Empresa

O IES Fernando Blanco gañou o Dualiza 2019 de proxectos de Formación profesional de colaboración entre centros de ensino e empresas. Unha iniciativa da Fundación Bankia pola FP Dual e a Asociación de Centros de Formación Profesional Fpempresa.

O proxecto presentado polo departamento de Instalación e mantemento do Fernando Blanco é o Deseño e montaxe dun ascensor con multiplicidade de manobras e foi realizado en colaboración con Ascensores Cume 24 SL, e coa Asociación Gallega de Ascensores (AEGA). 

A contía económica da axuda destinarase a materializar o proxecto.

Ademais está o recoñecemento do labor do profesorado implicado no proxecto así como dos profesionais das empresas colaboradoras. Tamén contribúe a visibilizar a cultura de colaboración e o traballo en rede entre centros de FP, contornos empresariais e institucións como claves fundamentais de acción e futuro na Formación Profesional e, concretamente, na Formación Dual.

3º premio da VI Olimpíada filósofica de Galicia

Brais Velay diante da Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela

Brais Velay Vázquez de 1º bacharelato de humanidades, quedou en 3º posto na final da VI Olimpíada filosófica de Galicia, celebrada na Facultade de Filosofía o día 14 de marzo, onde alumnado de toda Galicia concorreu a participar nas diferentes probas finais (dilema moral, disertación, fotografía e vídeo).

Brais participaba na modalidade de Disertación filosófica.

Parabéns Brais!

Finalistas da VIII Olimpíada cultural o saber ten premio

Un día de semifinais

Como xa saberedes, temos os 3 equipos finalistas para a Gran Final da VIII Olimpíada Cultural O saber ten premio.

Despois dunhas reñidas eliminatorias, con desempates incluídos, os equipos clasificados cos seus membros son:

Avión azul:

Carmelo Cambeiro Domínguez (1º ESO)

Christian Vieites Iglesias (1º Bacharelato B)

Adrián Rodríguez Priegue (1º Bacharelato C)

Bruno Lariño Nieto (1º CM Mantemento electromecánico)

Rubén Sande Lado (1º CM Electromecánica de vehículos)

End Game:

Brais Velay Vázquez (1º Bacharelato B)

Adriana Toba Casal (1º Bacharelato A)

Samuel Caamaño Suárez (1º CM Electromecánica de vehículos)

Juan Santiago Trillo Traba (2º CB Electricidade e electrónica)

Adrián Berbia Traba (1º CM Electromecánica de vehículos)

Te Boté:

Pedro Gallart Mancha (1º CM Xestión administrativa)

Juan Bautista Marcote Pérez (1º CM Xestión administrativa)

Sabela Castro Sar (2º Bacharelato C)

Saulo Rey Domínguez (2º Bacharelato C)

Patricia Pérez Álvarez (2º ESO)

Parabéns!

Este curso houbo 9 equipos participantes, cada un dos equipos estaba composto de 5 alumnos e alumnas que tiñan que ser: 2 de bacharelato, 2 de ciclos formativos de grao medio ou superior e 1 alumno/a da ESO, de ciclo básico ou EPA.

A Gran Final será o próximo venres 12 de abril e estará presentada polo xornalista Fran Hermida.

Está 8ª edición da Olimpíada Cultural conta co patrocinio económico da Estación de Servizo Bazarra, Aplicaciones Informáticas Costa da Morte-Compucee e Ferretería Severo Roget.

Un momento das semifinais

 

 

 

 

Festival de Entroido 2019

Un ano máis celebrouse o festival de Entroido coa participación de grupos de alumnado e de profesorado disfrazados. Os días previos fixeron ensaios de coreografías e probas de son e iluminación.

Hai que salientar o traballo desenvolvido polos membros do grupo de teatro Tuéjele, así como polo profesor de plástica co seu alumnado, ademais da sempre inestimable colaboración dos bedeis do centro e doutras persoas que fan posible un ano máis esta actividade. Moitas grazas a todos e a todas e parabéns polo resultado!

Tamén houbo un concurso de sobremesas típicas destas datas.

 

Axudas para actividades de formación do alumnado en linguas estranxeiras 2019

A Consellería de Educación, universidade e formación profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras (inglés, francés e portugués) no ano 2019 para alumnado.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia dos cursos 1º, 2º, 3º e 4º da E.S.O. e 1º e 2º de Bacharelato.

O prazo de presentación abrangue do 21 de febreiro ao 20 de marzo, ambos os dous incluídos.

Máis información no seguinte LINK 

Web da convocatoria e de solicitude: http://www.edu.xunta.es/axudasle

Clasificado para a Final da VI Olimpíada Filosófica de Galicia

O noso alumno Brais Velay Vázquez de 1º bacharelato de humanidades, vén de clasificarse como finalista na VI Olimpíada Filosófica de Galicia na modalidade de "Disertación Filosófica".

As finais celebraranse na Facultade de Filosofía o vindeiro día 14 de marzo, onde alumnado de toda Galicia concorrerá a participar nas diferentes probas finais (dilema moral, disertación, fotografía e vídeo) e disfrutará das actividades de acollemento e difusión da filosofía que a organización ten preparadas para toda a xornada.

Irá acompañado do seu profesor, Antón Pintor.

Parabéns Brais!!

Charla: Siguiendo las trazas de los quarks en el LHC: Materia y antimateria

Un momento da charla

Dentro do programa A Ponte entre o ensino medio e a USC, hoxe houbo unha charla no IES Fernando Blanco titulada "Siguiendo las trazas de los quarks en el LHC: Materia y antimateria".

A charla foi impartida por Bernardo Adeva Andany, catedrático de Física Atómica e  Nuclear no Departamento de Física de Partículas da USC e membro do IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías). Director durante 20 anos do grupo de Física de Altas Enerxías (GAES) desta universidade, e coordinador da participación española no experimento LHCb do CERN (2000-2006 e 2012-2014), dedicado ao estudo da asimetría materia/antimateria no acelerador LHC.

Á charla asistiu alumnado de 1º e 2º dos bacharelatos de ciencias e tratou de como se descubriu a antimateria, das teorías de Dirac, do bosón de Higgs, do CERN e moi especialmente do experimento LHCb no que participou directamente o equipo que dirixe o profesor Bernardo Adeva.

Ao remate da conferencia o alumnado asistente fixo varias preguntas sobre os temas tratados na mesma.

Parte da conferenciaFoto de 1983 con varios Premios Nobel en Física

 

Información das materias de elección

No menú de Secretaría desta web tedes información sobre todas as materias que se ofrecen no Fernando Blanco e que son susceptibles de elección.

Para ir á información fai click AQUÍ

Visita a MeteoGalicia e ao IGE

Na entrada de Meteogalicia

O obxectivo da visita a Meteogalicia era que o alumnado coñecera as distintas áreas de traballo de Meteogalicia así como acercalos ao campo da meteoroloxía.

Un momento da visita en Meteogalicia

Coñeceron a sala de predicións, na que lles explicaron as ideas básicas da predición meteorolóxica e as ferramentas que se empregan. Posteriormente recibimos unha sesión informativa adecuada ao nivel de 2º bacharelato sobre meteoroloxía, climatoloxía e sobre os distintos especialistas que traballan en Meteogalicia: matemáticos, enxeñeiros informáticos, técnicos electrónicos e informáticos e xeógrafos.  Finalmente asistimos a unha mostra de aparellos meteorolóxicos e a súa utilidade. 

Tivemos ademais a sorte de asistir ao lanzamento do globo sonda, globo aerostático que eleva instrumentos na atmosfera para fornecer información acerca da presión atmosférica, a temperatura e a humidade por medio dun pequeno aparello de medida chamado radio sonda.

  Lanzamento do globo sonda

Posteriormente fomos recibidos no Instituto Galego de Estatística por varios traballadores da súa plantilla que nos explicaron o que é o IGE, a organización, estudos dos seus especialistas, sistema informático, elaboración e realización de enquisas e cuestionarios, etc.

Na entrada do IGE

Resaltamos a actividade Canto sabes do teu concello que podedes descubrir na súa web e coa que nos divertimos un anaco. 

Un momento da visita no IGE

Moitas grazas polo recibimento e parabéns ao alumnado!

Distribuir contido


by Dr. Radut