portada30

Xefatura de estudos

Venres 21 de Xuño

O vindeiro venres 21 de xuño, derradeiro día do curso 2018/19, o transporte escolar recollerá ao alumnado ás 12:30, hora á que rematará a actividade lectiva.

Calendario de exames: 2º Bacharelato, pendentes 1º Bacharelato e cambio de modalidade

Atención cambio de data no exame de Lingua Castelá

No seguinte enlace poderá consultarse o calendario de exames de 2º Bacharelatopendentes 1º Bacharelato e cambio de modalidade.

 

Calendario inicio de curso 2018/2019

LUNS 17 de setembro:

·Presentación de 1º de BACHARELATO ás 10:00 h.

·Presentación de 2º de BACHARELATO ás 12.00 h.

MARTES 18 de setembro:

·Presentacións de 1º e 2º da ESO ás 10:30h.

·Presentacións de 3º e 4º da ESO ás 12:00h.

 

Haberá servizo de transporte escolar, o MARTES 18, para o alumnado da ESO:

MOMBÚS: Pasará pola primeira parada do recorrido ás 10:10h

ARRIVA: Rutas 1 e 2: Os autobuses pasarán pola 1ª parada dos dous itinerarios ás 09:45h.

GRABANXA: Rutas 1 e 2: Os autobuses pasarán pola 1ª parada dos dous itinerarios ás 09:45h.

Os autobuses sairán do centro as 13:30h

 

MÉRCORES 19 de setembro: inicio das clases no horario habitual: 08:50h a 14:30h. Tardes dos martes: 16:50h. a 18:30h.

 

Calendario exames de Setembro

No enlace podedes consultar o calendario correspondente aos exames extraordinarios de setembro

ESO e FP Básica

Bacharelato

 

Reclamacións das notas

Luns 25 e Martes 26 ata ás 14,00

1º.- Entrevista co profesorado:

 O alumnado ou as súas familias deberán presentar por escrito na conserxería a solicitude de entrevista debidamente cuberta. Cando a solicitude vaia dirixida a varios profesores e profesoras é necesario presentala canto antes. O profesorado atenderá ás solicitudes, por orde de presentación. O alumnado e as súas familias deberán esperar a súa quenda.

 2º.- Reclamación aos Departamentos:

O impreso para a reclamación presentarase nas oficinas (con tódolos datos debidamente cubertos).

Os Departamentos deberán reunirse para resolver as reclamacións o mércores 27. O prazo límite para comunicar por escrito á Directora a resolución é o mércores 27 ás 13,30 horas.

O alumnado terá que recoller a resolución dareclamación nas oficinas o xoves 28 de xuñoás 12,00 horas.

 

 

Claustro ordinario

O mércores 28 de febreiro haberá un Claustro ordinario no Salón  de Actos do instituto ás 16:30 horas

Claustro ordinario

Mañá mércores 13 de setembro  haberá un Claustro ordinario no Salón de Actos ás 10:00h

Calendario de exámenes de setembro

Nos seguintes documentos está o calendario dos exámenes de setembro:

Vacacións de Nadal

Segundo o Calendario Escolar para o curso 2016/2017 nos centros docentes públicos, aprobado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitara, as vacacións de Nadal abranguerán do 22 de decembro 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017,ámbolos dóus inclusive

O mércores 21 de decembro ás 12:10 h rematarán as clases e a entrega de boletíns  será de 12:10 a 12:30 horas.

A recollida de autobuses é as 12:50 horas

Claustro Extraordinario

O vindeiro martes 22 de novembro haberá un Claustro extraordinario ás 10:30 horas no Salón de Actos.

Para consultar a convocatoria premer aquí

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer