portada30

Devolución libros de texto. Fondo libros 18-19

Para poder acollerse ás convocatorias de axudas de libros e material escolar, para o vindeiro curso escolar 2019-20, é imprescindible cumprir coa obriga de DEVOLVER antes do 21 de xuño, nas oficinas do centro, todos os libros de texto (en bo estado) recibidos do fondo libros neste curso 2018/19. Poderanse conservar ata setembro os libros das materias suspensas (pero só eses).

En setembro serán devoltos o día do exame correspondente.

 

ADVERTENCIA MOI IMPORTANTE: DESPOIS DOS PRAZOS INDICADOS XA NON SE RECOLLERÁ LIBRO NINGÚN. Lémbrase que de acordo coa normativa, a falta de devolución de todos os libros no prazo indicado ou que non estean en bo estado de conservación para a súa reutilización será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros e material escolar o próximo curso 2019/2020.

 

A Dirección

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer