portada30

Visita de Xurxo Lobato o IES de Sar

Hoxe tivemos a inmensa fortuna de recibir no instituto a Xurxo Lobato, dentro das xornadas de celebración do 30 ANIVERSARIO. Memoria viva da historia da fotografía galega contemporánea, faloulle ao alumnado de 1º de Bacharelato de Artes dalgúns segredos da fotografía e do fotoxornalismo, ensinándolles series icónicas como O País do Nunca Máis, Rostros da memoria, El color del sur ou Galegos na escaleira.
Un luxo e un privilexio escoitarlle de primeira man como concibe esa marabillosa arte da escrita da luz.
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer