portada30

LIBROS OBRIGATORIOS PARA O CURSO 2020-21

   Os libros de texto obrigatorios para o curso 2020-21 do dpto. de Economía son os seguintes:

4º ESO: Mantense o do curso anterior, que é "Economía", da editorial McGraw-Hill (autor: Anxo Penalonga Sweers). O ISBN cambiou porque hai unha nova edición dese libro, pero os contidos apenas varían. Se o alumnado xa dispón do libro na versión anterior, que era de 2016 (ISBN 978-84-486-0953-5), non necesita adquirir o novo. En caso de non telo, o ISBN da nova edición é  978-84-486-1858-2. (ano 2020). 

1º bacharelato: "Economía", da serie Analiza da editorial Santillana (proxecto Saber Hacer). Anteriormente non había libro obrigatorio.  ISBN:  9788468013367  (ano 2015)

2º bacharelato: "Economía de la empresa", da serie Analiza da editorial Santillana (proxecto Saber Hacer). Anteriormente non había libro obrigatorio.  ISBN:  9788468033204  (ano 2016)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer