Skip to Content

XORNADA FINAL DO OPEN MATEMÁTICO

O pasado xoves no noso instituto celebrouse a xornada de concentación do concurso OPEN MATEMÁTICO. Déronse cita vintecinco rapaces e rapazas de varios centros: IES Monelos, IES Mugardos e do Programa Estalmat Galicia. A proba resultou complicada pois  unha súbita indisposición dunha participante causou  preocupación nos asistentes - todo se resolveu satisfactoriamente-  e os problemas  resultaron moi complicados,  especialmente os dous últimos.

 Finalmente, o Open 2012 rematou e podemos achegar as clasificacións nas que aparecen alumnos e alumnas do IES Mugardos bastante ben colocados.

Noraboa a todos os participantes en especial a Gonzalo Cao, de Estalmat Galicia por ser gañador do Premio de Beleza.

8º SESIÓN DO PROGRAMA DE MELLORA: ALEMÁN (1)

Wie geht´s?. Da man de Olga Recio, profesora de francés e de Carmen Bernabéu, profesora de física e química, o alumnado do programa dixo as súas primeiras palabras en alemán. Non moitas, pero poideron coñecer características deste idioma e descubrir, por exemplo, o parecido que ten co inglés e como ten declinacións como o latín. Haberá unha segunda sesión que promete ser moi interesante. na imaxe a profesora Olga Recio nun momento da sesión.

Tschüss!

Paisaxes agrarias de España

Como visualizamos os diferentes espazos de España? Algo máis que o que vemos den de a ventanilla do coche ou do avión. Así o viron José e Anais.

Historia das drogas (II)

Rosalía fixo esta presentación, máis breve pero con imaxes interesantes

A pesca en España

La pesca en España
View more presentations from manuelpousa
Unha presentación completa, que incluía unha explicación detallada. Falta texto, pero visualmente é agradable.

Historia das drogas

Breve historia de las drogas
View more presentations from manuelpousa
Un tema pedido polos alumnos. Opio, heroína, cocaína e alcohol. Consumo, producción, distribución, I+D, etc. a min gústame a selección de imaxes e a claridade.

Fotos de Adrián L.M.

Fotos de Adrián L. M.

Programa de Mellora: CRIPTOGRAFÍA

De xeito excepcional a sesión do Programa de Mellora tivo lugar o mércores  pois o luns houbo unha sesión de formación de profesorado que non podía celebrase noutra data. Da man do profesor de matemáticas Jesús Conde, e coa colaboración da tamén profesora de matemáticas, Covadonga Rodríguez-Moldes, o alumnado iniciouse na ciencia da Criptografía.

 Despois de coñecer o vocabulario básico, o alumnado apredeu a usar a escítala lacedemonia, método de encriptar mensaxes usado xa no século V aC en Grecia, despois descubreu o método César dos romanos e rematou a sesión coñecendo os modernos e moi pronto indispensables, códigos QR. As congruencias matemáticas, ferramenta desta ciencia, pereceron ser do agrado dos rapaces.

Parlamento Xove, 2012

make animated gif  

O pasado sábado dous equipos de bacharelato do IES Mugardos participaron na fase preliminar da terceira edición do Parlamento Xove. É esta unha actividade organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Deputación da Coruña que ten por obxectivo fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias a través de debates estruturados con regras precisas. O asunto a debater dialecticamente esta fin de semana foi:  "A xuventude no contexto mundial actual: cara a un modelo máis participativo ou máis individualista?".

 O equipo de 1º BAC estivo formado por Goretti, Andrea, David e Javier. O de 2º BAC integrárono Natalia, Emily e Bernardo. Como pode intuirse, é necesaria unha preparación previa de investigación e preparación de argumentos nas dúas posturas a defender que foi dirixida pola profesora de filosofía Ofelia Lubián e por Serafín Álvarez, profesor de galego. 

 A competición resultou moi interesante e formativa se ben non se obtivo a clasificación para a fase final que se celebrará no Parlamento Galego.

 

Diario de Ferrol: "El IES Mugardos representó a la comarca en el Parlamento Xove"

Distribuir contido


by Dr. Radut