O profesor Enrique Barrera, historiador e secretario da A.C. Memoria Historia Democrática, clausurou esta mañá co alumnado de 1.º bacharelato a exposición "Galegos en Mauthausen". A visita guiada polos paneis informativos rematou cunha charla sobre ese dramático episodio histórico que están a estudar nestes momentos. Agradecemos, asemade, á Asociación Apelón Educación a organización desta actividade.
A doutora Ana Martínez Lorente, da Consellería de Sanidade, impartiu este o martes pola tarde unha sesión formativa para o alumando de 1.º e 2.º ESO. Deseguido mantivo unha interesante charla sobre alimentación saudable cun grupo de nais e profesores.
O sábado 7 de abril tivo lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense a Olimpíada Galega de Economía. O departamento de Economía do IES Mugardos enorgullécese de ter participado un ano máis, contando coa participación do alumno Nicolás Nieto, da materia de Economía de Empresa (2.º Bac).
Para el e para a profesora Mara Meiriño, o noso recoñecemento pola boa disposición e esforzo. Parabéns!
Unha numerosa representación de máis de trinta alumnos e alumnas de 2.º e 3.º ESO asitiron á Feira Matemática, que se celebrou este sábado no Palexco da cidade da Coruña. Coordinados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes, pasaron a xornada completa a atender ao público en dous stands: un centrado na construción de formas xeométricas con palliñas e outro na memorización de deciñais do número PI. Salientamos a dedicación e bo trato coas explicacións ao público de todas as idades. Un ano máis, grazas e parabéns por levar o nome do IES de Mugardos a esta importante cita da divulgación científica.
Ademais, a xornada rematou coa grata sorpresa da entrega do primeiro premio do Concurso de Esopías ao alumno Bruno Sánchez Cuervo (2.º ESO):
O pasado venres, 23 de marzo, todo o alumnado e profesorado interesado puido gozar dunha práctica de ioga tibetano. As sesión foron dirixidas pola especialista Beatriz Romero (Sonän Donyö), instrutora de ioga tibetano e meditación e monitora de ioga para nenos. Agradecemos a súa presencia no instituto e esperamos poder contar con máis ioga no futuro.