Skip to Content

REUNIÓN COS TITORES: MARTES, 22 DE OUTUBRO

     





 

Nova sección bilingüe en Economía de 1º de BAC

Como xa sabedes o IES Mugardos iniciou hai catro cursos o proxecto de seccións bilingües en Inglés na educación secundaria obrigatoria. Comezou con Educación Física en 1º e 2º de ESO e continuou con Ciencias Sociais en 3º de ESO.

O Departamento de Economía quere dar continuidade a este proxecto iniciando unha nova sección bilingüe en Bacharelato, na materia de Economía de 1º.

 
 

Que vantaxes ten estudar Economía parcialmente en inglés? Como ben sabedes o Inglés é o idioma dos negocios e do mundo da empresa. Ademais, as entrevistas de traballo esixen cada vez máis o dominio do inglés como requisito imprescindible.

A programación  non sufrirá apenas alteracións (trátase de estudar a Economía de 1º de Bacharelato) e non se penalizará ou baixará nota por non usar de modo correcto o idioma inglés. A única variación nos criterios de avaliación consistirá en beneficiar ao alumno/a que se esforce en utilizarlo.

Así, aprenderemos Economía e comezaremos a utiizar un vocabulario específico en inglés que vos pode resultar de moita axuda no voso futuro laboral. O estudo da Economía deste xeito engade un “plus” ofrecéndovos un valor engadido que vos situará nunha situación de vantaxe no difícil contorno que nos toca vivir.

 

Déixovos uhha presentación onde explico como imos organizar a sección bilingüe en Economía. (Ver documentos adxuntos)

 Animádevos e aproveitade esta oportunidade.

Información sobre a nova sección bilingüe en Economía de 1º de Bacharelato

O departamento de Economía pretende informar detalladamente ao alumnado de 4º de ESO e aos seus pais/nais da oferta dunha nova sección bilingüe en Inglés na materia de Economía de 1º de Bacharelato.

Para iso convócase ao alumnado (xunto cos seus pais/nais) de 4º de ESO dos centros educativos da comarca (CPI Conde de Fenosa de Ares, Colexio Loyola de Mugardos e IES Mugardos) a unha reunión que terá lugar no salón de actos do IES Mugardos o vindeiro xoves 23 de maio ás 16'30 h.

Esperamos contar coa vosa presenza para aclarar calquera dúbida e animar a cursar esta nova sección bilingüe de Economía.

Papiroflexia

O profesor de Bioloxía Edmundo López  quere facer un regalo ao IES Mugardos no seu 25 aniversario: vai doar  a súa impresionante colección de cunchas mariñas ao centro. Mundo, que é un dos profesores do Programa de Mellora, está a traballar coas alumnas de 3º de ESO: Sara, Inés, Marta, Carla, Almudena e Mercedes na clasificación das cunchas e elas xa se están a converter en expertas en malacoloxía.

Á vez que se fan os traballos de catalogación é necesario ir preparando as caixas nas que se mostrarán as cunchas. Despois de moito pensar acordamos que a mellor opción -e a máis barata- era a de construir caixas de papel utilizando a papiroflexia. 

E foi así que pedimos axuda ás ematemáticas e expertas papirofléxicas Teresa Otero e Alicia Pedreira que respondendo á nosa chamada viñeron ao IES Mugardos para mostrarnos como construir as caixas e cales son os cálculos necesarios para adaptalas aos distintos tamaños das cunchas.

Foi unha tarde moi agradable na que  ademáis de aprender a facer caixas de base cadrada practicamos moitas matemáticas.  Grazas Alicia e Teresa!!

 

 

Moitos bicos!!!

Charla sobre primeiros auxilios

Esta semana celebráronse no centro varias actividades relacionadas coa saúde. O alumnado de 1.º e 3.º ESO asistiron a unha charla informativa sobre a diabete impartida por DAMIÁN GARCÍA.

Ademais, esta tarde, o profesor de Anatomía no INEF e especialista en medicina do deporte, CARLOS AGRASAR, impartiu unha charla sobre primeiros auxilios centrada na reanimación cardio pulmonar (RCP) e a ventilación boca a boca. A sesión foi eminentemente práctica e o alumnado de bacharelato puido coñecer e ter un primeiro contacto con estas técnicas.

Irmandade coa biblioteca do IES As Fragas do Eume (Club de lectura)

Esta mañá o Club de Lectura participou en Pontedeume no acto de confraternización entre o Club de Lectura e a biblioteca do IES Fraga do Eume dentro dos actos de conmemoración do 25º aniversario de ambos os centros. A visita comezou cunha confencia de Carlos de Castro Álvarez, autor da novela La casa de la linterna. A continuación visitamos os lugares polos que transcorre a obra lida e comentada para a ocasión polo alumnado asistente. A mañá rematou cun magnífico xantar ofrecido na Escola de Hostelería.

Fotos na Galería

Simulacro de incendio

10:10 horas do xoves, 25 de abril: Explosión na sala de caldeiras e un operario ferido.ALARMA DE INCENDIO. Evacuación total ao punto de encontro na cancha de balonceso.A través do 112 mobilízanse os efectivos da Policía Local, Protección Civil, Gabinete psicolóxico do Concello de Mugardos, dúas dotacións de bombeiros e 061

Durante as vindeiras semanas analizaremos os datos recollidos co SIMULACRO e aprenderemos dos erros e acertos.

Charla con antigas alumnas (III)

Na terceira sesión das charlas de orientación académica protagonizadas por antigas antigas alumnas estiveron onte no centro Beatriz Martínez, Noelia Barreiro e Noemí Pérez. Cunha coidada preparación informaron de primeira man das súas respectivas carreiras. Un coidadoso repaso do plan de estudo de Educación Infantil, no caso de Beatriz, e a importancia cada vez meirande da Terapia Ocupacional, no caso de Noelia e Noemí.

Ás tres agradecemos a súa gran colaboración na orientación académica e profesional do alumnado de 2.º de Bacharalato xa na recta final do seu paso polo instituto.


Entrega dos tapóns solidarios a AS.PA.NE.MI

A presidenta de AS.PA.NE.MI, Montse Fraga, recolleu esta mañá os sacos de tapóns que ao longo do curso fomos recollendo na entrada do instituto. Un grupo de 2.º ESO escoitou as palabras de agradecemento e invitación a continuarmos coa campaña. Tamén asistiu ao acto Sindo, da cafetería do centro, e contamos coa presenza de Lela, a avoa de Alba para quen irán destinados os fondos recadados e a quen enviamos unha aperta solidaria.

Imaxes na Galería

Premio Emprende Xove 2013

click here

1.º Premio Emprende Xove da Asociación Jóvenes Empresarios (AJE) de 
Ferrolterra 
ao proxecto presentado por Javier Maceiras (3.º ESO). 
Parabéns a todos os participantes e a  Mara, profesora do 
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras.
Galería de imaxes
Diario de Ferrol

Distribuir contido


by Dr. Radut