Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo: Letras Galegas 2023

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo: Recital poético con acompañamento ao teclado.

O luns, día 21 de maio, o alumnado de 1º ESO C acude ao Centro de Día acompañado pola súa titora e polo profesor de Música Lucas de Centi.

O acto ten relación coa celebración do Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a Francisco Fernández del Riego, impulsor desta importante celebración cada 17 de maio. O motivo para a escolla desta data foi a publicación do libro Cantares gallegos de Rosalía De Castro. É por isto que os poemas que no Centro de Día foron recitados polo alumnado, e acompañados musicalmente polo profesor, pertencen a este sobranceiro poemario.

TEMOS TODAS AS IMAXESNO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo"

Tamén se pode acceder premendo na imaxe.

SEGUIREMOS ENGADINDO MÁIS NAS PRÓXIMAS VISITAS

Día da Ciencia na Rúa 2023


 

O sábado 6 de maio, Día da Ciencia na Rúa o IESEBA participou con experiencias do Club de Ciencia desenvolvidas e explicadas con gran acerto polo alumnado de 1º ESO. 

O Departamento de Matemáticas desenvolveu varios retos con alumnado de 4º ESO que utilizando un teodolito foron quen de calcular a altura da Casa das Ciencias. A precisión deste cálculo supuxo ser os gañadores do Premio Javier Novelle 2023. 

Parabéns a todos os participantes.

AS IMAXES NO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum " Día da Ciencia na Rúa 2023"

Tamén se pode acceder premendo na imaxe

Roteiro Xeográfico-Xeolóxico Penedos de Pasarela-Traba 2023


 

O pasado 8 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato realizou un Roteiro Xeográfico-Xeolóxico polos Penedos de Pasarela-Traba acompañados de profesorado dos departamentos de Educación Física, Xeografía-Historia e Bioloxía-Xeoloxía. O bo tempo permitiu gozar da beleza e grandiosidade deste monumento natural.

AS IMAXES NO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Penedos de Pasarela-Traba 2023"

Tamén se pode acceder premendo na imaxe

Distribuir contenido